Cargando....
Concello de Lugo
19/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Presentadas as actividades para a celebración do Día Internacional do Pobo Xitano


# Venres, 08/04/2011


Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
A Concelleira de Benestar Social e Igualdade acompañou a representantes da Fundación do Secretariado Xitano e da Asociación de Integración e Promoción Xitana na presentación das actividades que se desenvolverán ao longo da xornada de mañá

A Concelleira de Benestar Social e Igualdade, Carmen Basadre, acompañou esta mañá a Manuel Requeijo, da Fundación do Secretariado Xitano de Lugo e Ruth León, da Asociación de Integración e Promoción Xitana, na presentación do programa de actos previstos para conmemorar o Día Internacional do Pobo Xitano.

Ruth León lembrou que o día 8 de abril conmemórase o 40 aniversario da celebración en Londres do I Congreso Internacional Xitano, unha data que o colectivo celebra mañá sábado día 9 de abril cunha serie de actividades que se levarán a cabo na área recreativa de Santa Isabel, en Outeiro de Rei. Ás 12.00 horas levarase a cabo unha cerimonia no río, posteriormente procederase á lectura do Manifesto e acto floral. Ás 14.00 será a hora do xantar, e partir das 15.00 horas está prevista a realización de actividades lúdicas.

Ademais, dende o día 15 de abril e ata o 6 de maio, a Fundación Secretariado Xitano de Lugo organiza a exposición “Conócelos antes de juzgarlos”, que poderá visitarse no Centro de Convivencia Maruja Mallo. Tamén, a Biblioteca Provincial de Lugo acolle, dende o 5 ao 14 de abril a exposición “O Pobo Xitano en Lugo”.

A Concelleira de Benestar Social e Igualdade destacou que “aínda existe discriminación, pero se continúa a traballar pola normalidade para conseguir que o pobo xitano teña os mesmos dereitos e os mesmos deberes, e o facemos a través de programas de emprego, de erradicación do chabolismo ou programas de seguimento”.


Escoitar audio:
Escoitar audio:
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova