Cargando....
Concello de Lugo
19/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Comeza en Lugo a Mostra de Teatro Especial de Galicia 2011


# Luns, 11/04/2011
As representacións terán lugar mañá martes, o mércores e o xoves 13 de abril no Auditorio Gustavo Freire ás 11.45 horas

Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada

A Concelleira de Educación, Dolores Vieiro, acompañou esta mañá ó Presidente da Fundación Anade, José Colmenero Encarnación, e á responsable da Fundación en Galicia, Angeles Fernández Maira, na presentación da Mostra de Teatro Especial de Galicia da Fundación Anade. Tamén asistiron ó acto representantes da Xunta de Galicia e de Begano.

Na presente edición do certame participa un grupo de O Porto (Portugal), o que, segundo salientou a responsable da Fundación en Galicia, Ángeles Fernández Maira, “lle da a Mostra unha dimensión internacional”. Este ano, e segundo destacou José Colmenero, “foi necesario facer unha selección, xa que chegaron ata 15 propostas”. Grupos de Vigo e Asturias tamén asistirán á Mostra, especialmente dirixida a estudantes de distintos niveles educativos, aínda que tamén está aberta a asociacións e ao público en xeral. Todas as representacións serán no Auditorio Gustavo Freire ás 11.45 horas.

Martes 12 de abril - Fundación Igual Arte, de Vigo coa obra “Axóuxere de Cores”

Representación de 45 minutos dirixida a maiores de 8 anos. Unha obra onde se fai un percorrido polos diferentes sentimentos que poden experimentarse quedando as palabras en segundo plano e sendo a cor, o son, o movemento e a imaxe, os que fan que os sentimentos estean presentes na escena. “Axóuxere de Cores” é un espectáculo de expresión corporal, tratando de dar diferentes matices ao corpo e ás melodías. A temática do espectáculo son os sentimentos como a ira, alegría, amor, paixón…, entendéndoos como diferentes cores e intentando que o espectador saque as súas propias conclusións.

Mércores 13 de abril - Éra uma vez…teatro, de Oporto (Portugal) con “Pesquisas”

Representación de 50 minutos dirixida a maiores de 10 anos. Unha performance onde o texto se escribe en conxunto. Un semi-círculo, onde as almas embalsamadas dan voz aos movementos máis sutís. O murmullo da música liga coa harmonía, descubrindo entre pasos que a enerxía nace e crece conforme é pura e inexplicable. Ter opinións definidas e certas, convértenos en apaixonados ou egoístas con carácter fixo… tornándonos facedores de soños.

Xoves 14 de abril - Nova, de Avilés (Asturias) coa obra “Nuestra”

Representación para todos os públicos. Un percorrido a través de distintas décadas tendo como protagonista a nai terra. A escaseza, a ecoloxía, o consumismo desaforado, ou o dano que se está a facer no planeta, plásmase a través de diversos escenarios que albergan situacións delirantes, plausibles. Avaricia, ignorancia ou exceso de poder poden levarnos como planeta á maior das extincións coñecidas, deixando paso a Deus sabe que humanidade, cuan avanzada estará se o final as maquinas gañasen a partida.

Fundación ANADE

Nos Estatutos da Fundación ANADE aparece entre os seus fins "a inserción social e laboral de persoas de calquera idade, en situación de desvantaxe social, fundamentalmente as persoas con minusvalidez". Considérase que, para lograr que a integración sexa efectiva, non só é importante ofrecer a estes colectivos ferramentas que lles axuden a superar as súas dificultades senón tamén conseguir que a sociedade en xeral vexa a estas persoas doutro xeito, destacando os seus logros e capacidades, o seu bo facer....

Os fundadores da Fundación ANADE pensaron que unha forma novidosa de loitar por esta integración era o teatro. A formación teatral de actores con minusvalidez non só ofrece aos usuarios a oportunidade de mellorar habilidades sociais, dicción, autonomía persoal, autoestima, etc. senón que permite facer representacións públicas onde se mostran as "capacidades" das persoas con minusvalidez.

O obxectivo prioritario que a Fundación persegue con esta actividade, é lograr dar a coñecer o público en xeral o traballo que realizan as persoas con minusvalidez en teatro, cun fin non só de ocio e tempo libre senón tamén de carácter profesional, mostrando que se se dispón de medios abondo se pode alcanzar un bo grao de integración. Como obxectivos específicos podemos destacar:

- Ofrecer un espazo para que compañías e grupos de teatro de persoas con minusvalidez poidan actuar.
- Proporcionar a todos aqueles profesionais a posibilidade de participar formativos directamente relacionados co seu traballo. en talleres
- Dar a oportunidade a todos os directores, tanto dos grupos seleccionados como dos que non puideron participar, de dar a coñecer as súas opinións e inquietudes nunha reunión dirixida por eles e para eles.

 


Escoitar audio:
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova