Cargando....
Concello de Lugo
09/04/20
NOVAS
Escoita esta páxina

Dispositivo da Policía Local con motivo da Festa da Carballeira


# Martes, 12/04/2011


A Policía Local organizou un dispositivo con motivo da celebración da Festa da Carballeira que terá lugar mañá, a partir das 10.30, e na que se contará coa participación da Policía Nacional, ademais dos servizos de Urbaser.

Desde as 10:30  haberá na zona 1 patrulla da agrupación de tráfico e seguridade vial  para o control de tráfico na zona. Tamén haberá unha patrulla de policía de barrio que estará ubicada, de xeito permanente, na explanada de Campos Novos máis próxima á Carballeira para vixiar que non se cometan posibles actos incívicos nos portais das vivendas próximas. Esta patrulla permanecerá na zona durante toda a xornada.

Pola tarde o dispositivo reforzarase co apoio de axentes da Patrulla Verde e prevese a realización de controis preventivos de alcoholemia.

Durante a noite, o dispositivo completarase coa presenza na zona de efectivos da policía de barrio, agrupación de tráfico e Patrulla Verde.

Ademais vaise valar a parada do autobús existente na zona co fin de que non sexa invadida polos mozos de xeito que non se dificulten as manobras do autobús urbano.

Pola súa parte a Concellería de Medio Ambiente vai reforzar a presenza dos operarios de Urbaser tanto durante a xornada de mañá como na do xoves e tamén se van instalar sanitarios públicos portátiles.

O dispositivo montado polo Concello contará coa colaboración da Policía Nacional.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova