Cargando....
Concello de Lugo
19/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Padroado do Rof Codina solicita a creación dun Centro de experimentación animal no Campus de Lugo


# Martes, 12/04/2011
O Concello ofrece os terreos do antigo matadoiro municipal para trasladar alí ós grandes animais

O Concelleiro de Medio Ambiente e Zona Rural, Lino González Dopeso, participou hoxe na xuntanza do Padroado da Fundación Rof Codina que aprobou por unanimidade solicitar a creación dun Centro de experimentación animal para o Campus de Lugo.

O Concello ofrece os terreos do antigo matadeiro municipal para trasladar alí ós grandes animais, tanto a zona de estabulación como a de prácticas dos alumnos. Esta cesión permitiría liberar as actuais instalacións que ocupa na Facultade de Veterinaria para adicalas ó Centro de experimentación animal.

Lino González Dopeso manifestou que é “importante oportunidade para Lugo a creación do Centro de experimentación animal de Galicia e o Concello está disposto a apoialo coa cesión do antigo matadeiro”.

O acordo tomado hoxe permitiralle á Universidade presentar un proxecto ó Ministerio de Ciencia e Tecnoloxía para acceder a financiamento dos fondos Feder que aportarían o 70% do investimento necesario para adaptar tanto as actuais instalacións de Veterinaria como os terreos do matadeiro e o 30% restante correría por conta dos membros do Padroado.

A aportación do Concello consistiría na cesión dos terreos do matadeiro municipal e na achega económica que lle correspondera pola súa condición de membro do Padroado, do que tamén forman parte outras institucións como a Deputación, a Universidade e as Consellerías de Educación, Sanidade, Medio Ambiente e Medio Rural.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova