Cargando....
Concello de Lugo
20/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

A Biblioteca Municipal acolle un novo programa de Animación á Lectura


# Mércores, 13/04/2011
A nova programación trimestral arrinca mañá ás 19.00 horas co Obradoiro “Heroes e personaxes máxicos” a cargo de Melina López

Imaxe Asociada

A Biblioteca Municipal pon en marcha un novo programa de actividades de Animación á Lectura, que se desenvolverá ao longo de todo o ano. A nova programación está deseñada especialmente para os máis cativos, e busca fomentar o hábito da lectura a través de espectáculos de contacontos, obradoiros de monicreques, debuxo creativo ou de creación literaria, tratando así de fomentar o gusto polos libros e estimular a imaxinación dos máis pequenos.

Neste segundo trimestre de 2011, as actividades, de carácter gratuíto, celébranse todos os xoves, en semanas alternas, ás 19.00 horas na Biblioteca Municipal. Debido á limitación do aforo (máximo 20 participantes) os pais que desexen asistir deben retirar as invitacións na mesma Biblioteca na propia semana da actuación. Para a actividade de mañá aínda é posible recoller unha invitación.

Mañá xoves, día 14 de abril, arrinca a nova programación trimestral co Obradoiro “Heroes e personaxes máxicos”, impartido pola dinamizadora de lectura Melina López. A actividade está dirixida a nenas e nenos maiores de 5 anos, e ten unha duración aproximada dunha hora. A dinamizadora achegará aos cativos uns personaxes fantásticos que sairán dos libros e tomarán vida nas mans dos nenos e nenas para contarlles historias máxicas.

Coñezca a Biblioteca Municipal

 




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova