Cargando....
Concello de Lugo
17/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Lugo Centrum presenta a Guía de Compras Primavera-Verán 2011


# Mércores, 13/04/2011


Imaxe Asociada

A Concelleira de Servizos Xerais, Luisa Zarzuela, participou esta mañá, xunto co presidente do Centro Comercial Aberto Lugo Centrum, José Sánchez Bergantiños, e a Xefa Territorial da Xunta de Galicia en Lugo, Marta Barreiro Castro, na presentación da Guía de Compras Primavera-Verán 2011, que tivo lugar na sede da Federación de Comercio.

A Concelleira de Servizos Xerais destacou a necesidade de consumir e apostar polos comercios da cidade, e salientou o apoio que dende o Concello de Lugo se ofrece aos comerciantes e hostaleiros a través das axudas do Plan Urban, que nos anos 2009 e 2010 concedeu 85 axudas para cambios de rótulos, toldos e fachadas por un importe de 136.361 euros. Luisa Zarzuela recordou que xa está aberto un novo prazo de solicitudes para subvencións do Plan Urban.

Dentro das actividades de Promoción da Asociación Lugo Centrum e, ó igual que en campañas anteriores, confeccionouse o Catálogo Promocional, correspondente á temporada de primavera-verán 2011 con tódolos establecementos adheridos á Asociación, no cal se inclúen fotografías dos produtos e servizos ofertados por estos xunto a un plano de localización.

Preténdese que este catálogo sirva de escaparate de Lugo Centrum e da diversificada oferta que presenta ós seus consumidores, medida coa que a Asociación pretende incentivala compra/consumo nos establecementos asociados que no último período se incrementaron considerablemente e fan que esta asociación sexa cada vez mais competitiva.

Esta publicación será repartida en diferentes puntos de afluencia turística como hoteis, restaurantes, cafeterías, oficinas de turismo..., ademais dos puntos de venda dos propios asociados.

www.lugo.es/urban

 




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova