Cargando....
Concello de Lugo
09/04/20
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello da a coñecer as condicións para o aluguer de vivendas adaptadas para persoas con discapacidade na Casa Domótica


# Xoves, 14/04/2011
A Concelleira de Benestar Social e Igualdade presentou esta mañá as bases para acceder as catro vivendas adaptadas da rúa Leiras Pulpeiros nº7

Imaxe Asociada Imaxe Asociada
A Concelleira de Benestar Social e Igualdade, Carmen Basadre, deu a coñecer esta mañá as bases para o alugueiro das vivendas adaptadas para persoas con discapacidade da Casa Domótica, que constuiu o Concello de Lugo.

As bases foron elaboradas conxuntamente con asociacións de persoas con discapacidade, e posteriormente aprobadas pola Xunta de Goberno Local. A Concelleira de Benestar Social e Igualdade, Carmen Basadre, sinalou que en total son catro as vivendas adaptadas que o Concello, a través de servizos sociais, pon a disposición de persoas con discapacidade e mobilidade reducida na rúa Leiras Pulpeiro nº7.

A Concelleira de Benestar Social e Igualade destacou que “dende hai tempo estamos sensibilizados coas persoas con discapacidade, e dende o Concello se levan desenvolvendo distintas actividades, tanto en subvencións destinadas a desenvolver actividades e programas das propias entidades como a mellorar a accesibilidade e habitabilidade en vivendas de persoas dependentes. Tamén hai axudas económicas a persoas con discapacidade física e afectadas de graves dificultades de mobilidade reducida para gastos de transporte adaptado. Ademais, tamén temos a nave Clara Campoamor, adicada ás asociacións sociais e preferentemente a aquelas que teñen persoas con discapacidade ou enfermos de alzheimer. Un compromiso coas persoas con discapacidade que agora se completa con estas vivendas domóticas”.

A Casa Domótica é, segundo sinalou a Concelleira, un proxecto piloto na nosa cidade, có que se pretende fomentar a vida independente e a autonomía persoal das persoas con discapacidade e mobilidade reducida.

As vivendas destinadas para o alugueiro son a segunda, terceira, cuarta e quinta planta. Cada unha delas conta cunha praza de garaxe adaptada, e teñen unha superficie de 88,70 metros. Todas as vivendas contan cun cuarto principal, un lavadoiro-tendedeiro, un cuarto, cuarto de baño, corredor, cociña, salón-comedor e unha terraza-balcón. O primeiro andar e o baixo quedarán para uso social do Concello de Lugo.

O prazo de solicitude é de 15 naturais dende o día seguinte na publicación no BOP, tamén poderán consultarse no perfil do contratante na páxina web do Concello www.lugo.es.

Segundo explicou Carmen Basadre, o prezo do aluguer hai que calculalo segundo establece a lexislación, que é o 6% do valor total de cada vivenda. O prezo estimado para cada unha das vivendas é de 159.076,65 euros. En función dos ingresos ponderados anuais totais da unidade familiar, obtense a renda mensual a pagar segundo corresponda as seguintes porcentaxes:

Entre o 0.6 e 1 vez IPREM ------------------- 100% -------------159,08 euros
Entre o 1 e o 1,5 veces o IPREM ----------- 110% -------------174,98 euros
Entre o 1,5 e o 2,5 veces o IPREM ---------- 120% -------------190,90 euros


Así, os prezos oscilarían entre os 159 euros e 190 euros. Actualmente o IPREM (Indicador Público de Renda de Efectos Múltiples) é de 532,51 euros mensuais.

Os requisitos para poder acceder a unha destas vivendas adaptadas é ser maior de idade e menor de 60 anos, ter plena capacidade de obrar e ter unha discapacidade física do 33% ou máis, ser pensionista da seguridade social cunha pensión de incapacidade permanente absoluta ou gran invalidez, e sempre con mobilidade reducida. Será necesitarao residir no Concello de Lugo dende hai polo menos dous anos, e acreditar a necesidade dunha vivenda. O contrato de alugamento terá unha duración de dous anos a contar dende a súa sinatura. Cando chegue o vencemento o Concello deberá prorrogar anualmente o contrato ata que acade os cinco anos.

Os baremos que se terán en conta para a adxudicación estarán baseados nas circunstancias persoais e familiares, situación económica, grao de discapacidade así como as condicións de habitabilidade da vivenda na que residan os solicitantes.



Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova