Cargando....
Concello de Lugo
18/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello subvenciona con 405.200 euros a 31 asociacións sociais


# Venres, 15/04/2011
As subvencións nominativas aumentaron en 35.000 euros con respecto ao 2010


Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, deu a coñecer hoxe as axudas que o Concello concede para o ano 2011, ao igual que fai cada ano, as diversas asociacións sociais da cidade. Ó acto tamén asistiu a Concelleira de Benestar Social e Igualdade, Carmen Basadre, e representantes de cada unha das 31 asociacións sociais que perciben ditas subvencións.

O Alcalde salientou a gran labor que realizan estas asociacións na cidade nuns tempos complicados económicamente, e destacou que “o pasado ano adquirimos o compromiso de non disminuir as subvencións, e non só o cumprimos, senón que aumentamos 35.000 euros máis o importe con respecto o pasado ano 2010”.

As 31 asociacións que se benefician destas subvencións nominativas son: Asociación lucense de axuda a enfermos mentais (ALUME), Cruz Roja Española, Asociación síndrome de DOWN de Lugo, Fundación Monte do Gozo, Asociación de persoas xordas de Lugo, Fundación Preescolar na casa, Fundación Secretariado Xitano, Confederación Gallega de minusválidos, Asociación Española contra el cáncer, Asociaciónn de familiares de enfermos de Alzheimer e outras demencias (AFALU), Asociación penitenciaria Concepción Arenal, Asociación de pais ou titores de persoas con discapacidade intelectual de Lugo (ASPNAIS), José María Díaz Torneiro, Asociación lucense de xordos (ALUXOR), Asociación para a promoción social e cultural de disminuídos físicos (AUXILIA), Asociación de pais e menores paralíticos cerebrais da provincia de Lugo (ASPACE), Asociación de promoción e integración gitana de Lugo, Asociación de fibromialxia de Lugo (ALUFI), Asociación de dano cerebral adquirido sobrevido (ADACE LUGO), Asociación de veciños de S.Xoán do Campo, Asociación de mulleres rurais e consumidoras “A LANDRA”, Asociación cultural O Castro de Coeses, Asociación cultural de San Pedro de Calde, Alar-Galicia, Asociación Ledicia Cativa, Solidaridade Galega co Pobo Saharaui, Federación de asociaciones de familiares e enfermos mentais de Galicia (FEAFES-GALICIA), Cáritas Diocesana de Lugo, Alcer-Lugo, COGAMI-Lugo e Asociación de Veciños de Santiago de Saa “A Raña”.
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova