Cargando....
Concello de Lugo
23/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

A Armada renova o seu apoio á Semana Santa de Lugo coa parada militar celebrada hoxe na praza Maior


# Luns, 18/04/2011
O Alcalde e o Comandante do Tercio do Norte presidiron os actos da mañá, ós que tamén asistiu o Presidente da Deputación

Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
O desfile correu a cargo dunha escuadra de gastadores, unha compañía formada por tres seccións e a banda de música

Pola tarde a Armada participará na procesión da Virxe da Esperanza



A Armada renovou hoxe o seu apoio á Semana Santa de Lugo coa parada militar que se celebrou esta mañá na praza Maior.

Os actos comezaron na Casa do Concello, onde o Alcalde, José López Orozco, acompañado polo Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, e o resto da Corporación municipal recibiron ás autoridades.

Deseguido, as autoridades civís trasladáronse á praza Maior, onde estaban formadas as tropas, compostas por unha escuadra de gastadores, banda de música e unha compañía formada por dúas seccións de fusiles de infantería de Marina do Tercio do Norte e outra de marinería do Arsenal de Ferrol.

Diante da Casa do Concello o Alcalde e o resto das autoridades civís recibiron ó Comandante do Tercio do Norte, Coronel Ramón Piñeiro Lemos, que encabezou a representación militar logo do recente ascenso do Almirante do Arsenal de Ferrol, Santiago Bolíbar, ó posto de Almirante da Flora da Armada.

Despois de pasar revista ás tropas e saudar ás autoridades civís, o Comandante do Tercio do Norte e o Alcalde presidiron a tradicional parada militar.

Unha vez rematado o desfile, que foi presenciado por gran número de persoas, as autoridades acudiron ó despacho da Alcaldía e o Comandante do Tercio do Norte asinou no Libro de honor onde escribiu a seguinte dedicatoria:

Con motivo de la visita de la Armada al Concello de Lugo para participar en los actos militares y religiosos programados en la Semana Santa, renovando los vínculos que nos unen desde el año 1953, constituye para mí una satisfacción plasmar en este Libro de honor unas palabras de agradecimiento.
Nos sentimos honrados por el cariño y el apoyo que nos habeis dado a la Armada y por habernos integrado en Lugo, acogiéndonos como lucenses y orgullosos de portar la Bandera del Tercio del Norte que nos habeis donado.
Gracias Alcalde. Gracias Concello de Lugo.

A continuación, o Alcalde pronunciou un breve discurso no que lle deu a benvida e destacou que “é un pracer que estea na nosa cidade representando á Armada española”. Tamén dixo que “é o sentir dos lucenses que se sintan hoxe máis cerca da nosa bandeira e de quen a representa, unha parte do noso exército”.

O Alcalde lembrou que a presenza da Armada nos actos da Semana Santa de Lugo prodúcese desde 1953, por invitación da Confraría da Virxe da Esperanza, que tamén tomou parte nos actos da mañá cunha representación encabezada polo seu Irmán maior, Manuel Martínez, e a súa secretaria, Isabel Lagares. “Non queremos que falten nunca”, dixo o Alcalde e sinalou que “aquí son ben recibidos porque son benqueridos, xa que en todas as circunstancias están cerca da xente de Lugo”.

Pola súa parte, o Comandante do Tercio do Norte dixo que “a Armada está encantada da amabilidade da cidade de Lugo cara nós”. Tamén lembrou que “as orixes da Armada en Galicia están en Ferrol” e lembrou os vínculos que unen ás cidades de Lugo e de Ferrol. Dixo, ademais, que “queremos continuar vindo todos os anos e portando con orgullo a bandeira nacional donada polo Concello de Lugo”.

A presenza da Armada nos actos da Semana Santa de Lugo continuará pola tarde nos actos relixiosos.

Ás oito terá lugar a recepción ás autoridades no Concello e ás 20.30 está programada a saída da procesión da Virxe da Esperanza da Igrexa da Nova. O itinerario da procesión que organiza a Insigne Confraría da Virxe da Esperanza recorrerá a praza de Anso Fernández Gómez, Campo Castelo, Ronda da Muralla, Bispo Aguirre, fondo da Praza Maior, Conde Pallares, Santo Domingo, Raíña, Praza Marior (diante do Concello) e rematará na praza de Anxo Fernández Gómez.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova