Cargando....
Concello de Lugo
19/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concelleiro de Medio Ambiente critica o abandono da Muralla de Lugo por parte da Xunta no Día internacional dos Monumentos e Sitios Patrimonio


# Luns, 18/04/2011


Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
O Concelleiro de Medio Ambiente e Zona Rural, Lino González Dopeso, criticou hoxe, Día internacional dos Monumentos e Sitios Patrimonio, o estado de abandono no que ten a Muralla de Lugo, declarada Patrimonio Mundial pola Unesco no ano 2000, o seu titular, a Consellería de Cultura.

“A maleza campa ás súas anchas, invade os cubos do monumento e tamén o adarve e non a hai na zona central deste porque por aí transitan persoas”, denunciou o Concelleiro de Medio Ambiente, que fixo estas declaracións ós medios de comunicación nas proximidades da Mosquera onde a maleza invade parte do adarve do monumento.

Lino González Dopeso pediulle á Xunta de Galicia que “cumpra coas súas obrigas de limpeza dun monumento que é tan importante para Lugo e un dos máis destacados de Galicia, xunto coa Catedral de Santiago”.

O Concelleiro lamentou tamén a imaxe de abandono e descuido que ofrece o monumento ós turistas que visitan Lugo durante estas vacacións de Semana Santa.

“A Xunta ten varios deberes coa Muralla, primeiro conservala e coidala e tamén sacar adiante un convenio que debe impulsar no que participen tanto a Xunta como o Ministerio de Cultura, a Deputación e o Concello e levamos anos sen ese convenio”, destacou González Dopeso, quen considerou que “é unha vergonza que pase tanto tempo e siga sen haber convenio da Muralla”.

Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova