Cargando....
Concello de Lugo
29/10/20
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concelleiro de Medio Ambiente lembra que a Xunta anunciou tres veces nos tres últimos anos o investimento dun millón de euros para a conservación da Muralla


# Martes, 19/04/2011


Imaxe Asociada
O Concelleiro recorda que o Museo de San Roque segue pechado porque a Xunta non arranxa as deficiencias no edificio



O Concelleiro de Medio Ambiente e Zona Rural, Lino González Dopeso, manifestou hoxe que a Xunta xa anunciou tres veces nos tres últimos anos que adicará un millón de euros á conservación da Muralla de Lugo mentres seguen medrando as herbas no monumento Patrimonio Mundial.

O Concelleiro lembrou que o anuncio dese investimento xa foi anunciado polo Conselleiro de Cultura en outubro de 2009 no Parlamento galego, volveuno anunciar case un ano despois, en novembro de 2010, e fíxoo por terceira vez onte “aínda que desta vez dín que Cultura destinará un millón en catro anos, é dicir 250.000 euros cada ano, este é un millón a trozos”.

“Probablemente é un millón novo, non é o antigo que aínda estará dando intereses” ironizou Lino González Dopeso, “porque se non é o antigo, en vez dun millón temos tres, un do 2009, outro de 2010 e este”.

González Dopeso engadiu que “estamos moi contentos de que a Consellería de Cultura poña en marcha ese millón cuarteado e instámola a que recupere o de 2009 e o millón de 2010, porque deses non soubemos nada ou que nos aclare se é o mesmo millón”.

“A cidade de Lugo é moi vella, temos máis de 2.000 anos, pero non temos alzheimer e recordamos as cousas que se dín publicamente”, manifestou González Dopeso.

O Concelleiro tamén se referiu ó Museo de San Roque, que permanece pechado por motivos de seguridade despois de que caera un falso teito.

O Museo foi feito pola Xunta e o Concello non o recibiu aínda polas deficiencias que detectaron no edificio ós técnicos municipais, das que se deu traslado á Xunta e “fai o que fai sempre, botarlle a culpa a outro”.

“Sempre é o mesmo, a mesma melodía, para a Xunta a culpa sempre é de outro: ou ten a culpa o Concello, o Goberno central ou Zapatero, que é o culpable de todos os males que lle pasan a Galicia”, dixo ironicamente González Dopeso.

Para o Concelleiro de Medio Ambiente, “non é que a Xunta non poida porque lle baixaron os ingresos, porque Madrid, porque Zapatero...tamén ós Concellos nos baixaron os ingresos pero non somos uns mixiricas que estamos sempre chorando,
eles non é que non poidan é que non saben gobernar e bótanlle a culpa ós demais”.

“Se eu tivera que definir á Xunta con dúas palabras, serían desidia e perfidia, que son os títulos de dúas cancións diferentes”, concluíu González Dopeso.

Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova