Cargando....
Concello de Lugo
01/06/20
NOVAS
Escoita esta páxina

Este sábado disputarase en Lugo a segunda proba do Campionato de España de Pentatlón de categorías menores


# Mércores, 20/04/2011
As probas, de natación, esgrima e combinada darán comezo ás 8.30 horas

Imaxe Asociada Imaxe Asociada
Os escenarios desta competición serán a piscina de As Pedreiras e o Pazo Provincial e os seus arredores

O Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, o Xefe Provincial de Deportes da Xunta de Galicia, José Manuel Rozas, e o Presidente da Federación Galega de Tríatlon e Pentatlón Moderno, Francisco Villanueva, presentaron esta mañá o Campionato de España de Pentatlón de categorías menores que se disputará este vindeiro sábado día 23 de abril na cidade.

O Concelleiro de Deportes destacou que “esta proba é xa un clásico no calendario deportivo lucense”, e destacou o aporte de turistas do ámbito deportivo que ven sendo habitual na cidade ao longo do ano, e que nesta ocasión coincide ademais cos turistas que acudan a cidade por mor da Semana Santa. Díaz Grandío quixo agradecer á Federación Galega de Tríatlon e Pentatlón a oportunidade de disputar este tipo de probas na cidade, “pensando en favorecer a práctica deportiva, e como consecuencia directa, a difusión da nosa cultura e patrimonio máis alá das nosas fronteiras”.

Segundo sinalou Francisco Villanueva, o Campionato de España de Pentatlón de categorías menores está composto de 4 fases. A que disputará en Lugo é a segunda proba (fase), e quedarán por disputar as probas de Asturias e Navarra. As categorías que se disputan son a de benxamín, alevín, infantil, cadete e xuvenil. En total serán 86 deportistas chegados dende varias comunidades autónomas como Cataluña, Canarias, Cantabria, Madrid e Navarra. A comunidade galega contará coa participación de 19 deportistas.

Para as categorías de benxamín, alevín e infantil as probas son de natación e combinada (tiro e carreira), para cadete e xuvenil, as probas son de natación, esgrima e combinada (tiro e carreira). As probas darán comezo ás 08.30 horas na piscina de As Pedreiras coa natación, a esgrima disputarase no Pazo Provincial (As Pedreiras), e a combinada será no Pazo Provincial e nos seus alrededores. A entrega de trofeos será ás 15.00 horas no Pazo Universitario.

Francisco Villanueva explicou que Cataluña é, como autonomía, a que domina este deporte de forma clara mentres que Galicia, posicionada en segunda posición, pelexa xunto con Canarias, Cantabria e Asturias polo subcampionato. Unha situación, sinalou Villanueva, que comeza a cambiar, xa que Galicia empeza a dominar o campionato nas categorías cadete e infantil por equipos.

Segundo destacou o Presidente da Federación Galega de Tríatlon e Pentatlón Moderno, o Campión de España Absoluto diste deporte é Cristóbal Rodríguez Fidalgo, de Viveiro. Este rapaz, xunto a Iván Fernández (xuvenil) e Eva Basanta, ambos deportistas da cidade lucense, se están adestrando no Centro de alto rendemento de San Cugat, en Cataluña.



Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova