Imprimir

O CONCELLO VAI CONTRATAR O ALUMEADO PÚBLICO EN VARIAS RÚAS DO BARRIO FINGOI POR IMPORTE SUPERIOR A 390.000 EUROS


20/4/2011

A Xunta de Goberno Local aprobou hoxe a apertura de procedemento de adxudicación das obras de iluminación pública en Pintor Corredoira e outras rúas do barrio Fingoi por importe de 392.203 euros, IVE incluído, e cun prazo máximo de execución de tres meses, segundo informou o Voceiro do Goberno local, José Rábade.