Imprimir

PUBLICADAS AS LISTAS PROVISIONAIS DE ADMITIDOS NAS ESCOLAS INFANTÍS DE A PIRINGALLA E SAN FIZ


25/4/2011

Dende a Concellería de Educación infórmase que dende hoxe, luns 25 de abril, quedarán expostas as listas provisionais de nenos e nenas admitidos nas escolas infantís de nova creación de A Piringalla e San Fiz.

As listas poderán comprobarse no taboleiro de edictos das oficinas municipais da Ronda da Muralla e no taboleiro de publicacións da Concellería de Educación, no Centro de Convivencia Uxío Novoneyra, na terceira planta.

Os solicitantes teñen dez días para facer as reclamacións oportunas. A partir destes dez días, contados dende hoxe, publicaranse as listas definitivas.

Escolas Infantís Municipais