Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello colabora co Colexio de Farmacéuticos nunha charla sobre medicamentos xenéricos e nunha campaña contra o tabaco


# Martes, 26/04/2011
A charla terá lugar o xoves no Uxío Novoneyra e a campaña antitabaco será o 31 de maio

Imaxe Asociada
O Concelleira de Benestar Social e Igualdade, Carmen Basadre, informou hoxe, xunto coa Presidenta do Colexio Oficial de Farmacéuticos da provincia de Lugo, Ana Prieto Nieto, e a responsable do Centro de información do Medicamento, Berta Pérez Landín, da celebración dunha charla informativa sobre medicamentos xenéricos e dunha campaña antitabaco na que colaboran o Concello e o Colexio de Farmacéuticos.

A Concelleira explicou que o obxectivo da xornada adicada ós medicamentos xenéricos é “informar ós veciños e veciñas de qué son os xenéricos para que os enfermos teñan a confianza suficiente neles cando llos receite o seu médico”.

Pola súa parte, Ana Prieto sinalou que se trata de “xenerar confianza nos usuarios e aclararlles dúbidas para desterrar falsas crenzas sobre os medicamentos xenéricos”, dos que dixo que “teñen a mesma calidade, seguridade e eficacia”. Tamén dixo que “os seus principios activos levan alomentos dez anos no mercado, polo que está sobradamente a súa seguridade e eficacia” e tamén teñen a vantaxe de “ter un prezo menor porque os custes de investigación do medicamento orixinal xa non repercuten no seu prezo”.

A charla terá lugar o día 28, ás 19.30, no Centro cívico Uxío Novoneyra e correrá a cargo do doutor en Farmacoloxía da Universidade Autónoma de Madrid, Pedro Guerra.

Campaña antitabaco

A Concellería de Benestar Social tamén colabora co Colexio Oficial de Farmacéuticos na organización dunha campaña antitabaco que terá lugar o día 31 de maio, cadrando coa celebración do Día mundial antitabaco.

Segundo explicou Berta Pérez, accións coma esta son importantes porque en España fuma de xeito continuado un 28% da poboación maior de 15 anos e outro 2% faino de xeito ocasional.

O tabaco é a causa recoñecida de 29 enfermidades, entre elas dez tipos distintos de cancros, e máis do 90% das bronquites diagnosticadas, están detrás do 95% dos cancros de pulmón e do 30% das enfermidades coronarias.

Berta Pérez destacou que o tabaco “constitúe a primeira causa evitable e illada de enfermidade, invalidez e morte prematura” e sinalou que “en España morren ó ano máis de 600.000 persoas a causa do tabaco, é dicir coma se todos os días o se estrelase un avión con 150 pasaxeiros e non houbera sobreviventes”.

Tamén explicou que “a campaña pretende concienciar dos riscos asociados ó consumo do tabaco e tamén pretende provocar cambios voluntarios nos fumadores para que deixen de selo”. Para elo instalarase unha carpa pola mañá no fondo da Praza Maior, na que se fará reparto de folletos e se dará atención personalizada ós fumadores, que poderán facer un test para medir o seu grado de tabaquismo e de dependencia da nicotina.

Escoitar audio:
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova