Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo participa nunha Xornada de difusión do Esquema Nacional de Seguridade


# Martes, 26/04/2011


O Concello de Lugo participou na “Xornada de difusión do Esquema Nacional de Seguridade” que se celebrou hoxe. Esta xornada está organizada pola Xunta de Galicia, en colaboración co Instituto Nacional de Tecnoloxías da Comunicación (INTECO), o despacho de avogados Garrigues, a empresa Start Up e a Asociación Galega de Empresas de Tecnoloxías de Información e Comunicación (AGESTIC).

A esta xornada asistiu a Concellería de Servizos Xerais, Luisa Zarzuela e o Técnico de Sistemas do Concello de Lugo, Ángel Víctor Gómez, que tivo unha intervención na charla coloquio sobre a aprobación do Esquema Nacional de Seguridade, que é de obrigado cumprimento para as diferentes administracións públicas.

O Esquema Nacional de Seguridade establece as políticas de seguridade e protección de datos na utilización de medios electrónicos por parte das administracións públicas e os principios mínimos que estas deben cumprir para garantir unha adecuada protección da información que xestionan, sobre todo coa posta en marcha da administración electrónica.

A xornada permitiu tanto aos responsables políticos como ao persoal das áreas técnicas, organizativas e xurídicas, familiarizarse coas novas normativas, as súas esixencias de cumprimento e as formas de responder á súa correcta aplicación, a través de sesións de formación específica, relatorios e mesa redonda con posterior debate e conclusións.

 




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova