Imprimir

O CENTRO DE CONVIVENCIA DE FINGOI CELEBRA MAÑÁ A PRIMEIRA XUNTANZA DUN NOVO CLUB DE LECTURA


26/4/2011 As reunións de lectura, que darán comezo mañá mércores, desenvolveranse os mércores de 10.00 a 11.30 horas na Biblioteca do Centro de Fingoi

A Concellería de Benestar Social e Igualdade, que dirixe Carmen Basadre, pon en funcionamento un Club de Lectura na Biblioteca do Centro de Convivencia de Fingoi.

Un club de lectura é un grupo de persoas (de 10 a 20) que len ó mesmo tempo un libro. Cada un faino na súa casa pero unha vez á semana, nun día e hora fixos, reúnense todos para comentar as páxinas avanzadas dende o encontro anterior. Neste caso, as xuntanzas levaranse a cabo os mércores.

Nas reunións debátese sobre o que se leu na casa: estilo literario, personaxes… e é frecuente derivar dende o libro ás experiencias persoais dos membros do club.
En cada reunión acórdase o que se vai ler nos días posteriores.

A finalidade primordial é despertar e potenciar o gusto pola lectura, compartir os momentos de lectura e o lido con outras persoas do mesmo entorno, mellorar, a través da lectura o vocabulario, a comprensión lectora e, como non, a expresión oral e escrita.
Abrir o horizonte cultural dos membros do club con actividades complementarias como por exemplo visitas a museos ou exposicións, excursións, ou encontros con escritores.

O grupo empezará a súa andadura mañá mércores, día 27 de abril, de 10.00 a 11.30 horas, e contará cunha persoa que se encargue de moderar o funcionamento do mesmo e entre as súas tarefas estarán incluídas as seguintes:

- Seleccionar unha serie de lecturas entre as que o grupo poderá elixir.
- Presentar a lectura seleccionada que deberá ser ben coñecida pola persoa moderadora, para así poder despertar o interese pola mesma.
- Lanzar comentarios ou preguntas para dar pé ó debate.
- Moderar a lectura.
- Introducir actividades de animación como a visualización de películas baseadas nas obras que se leron, visitas dalgún autor/a, excursións, etc.

Os interesados en participar na actividade poden inscribirse na Biblioteca do CC Fingoi de 10.00 a 13.30 horas e de 16.00 a 19.30 horas.