Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Orozco e Besteiro entregan a recadación benéfica da Gala Lvcvs Moda


# Mércores, 27/04/2011
Son dous cheques por valor de 3.457 euros cada un, que representan o recadado coa venda de entradas da segunda gala benéfica de moda organizada por Deputación e Concello.

Logo da celebración de dous sorteos nos que participaron todas as asociacións benéficas da capital, os gañadores resultaron: a “Asociación de Mujeres Separadas y Divorciadas” e a “Federación Comarcal de Jubilados y Pensionistas de UGT de Lugo”

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e o Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, entregaron este mércores a recadación benéfica da Gala Lvcvs Moda. Son dous cheques de 3.457,50 euros cada un, que supoñen un total de 6.915 euros. Esta cantidade é o total recadado coa venda de entregas da 2º gala benéfica de moda, que Deputación e Concello de Lugo organizaron co obxectivo de potenciar ó exterior a provincia mediante a difusión do talento creativo de deseñadores e artesáns lucenses. Logo da celebración de dous sorteos que tiveron lugar no Pazo de San Marcos ante a presencia de organizadores e colaboradores da Gala Lvcvs Moda, e no que participaron todas as asociacións sociais sen ánimo de lucro da capital, os colectivos gañadores resultaron: a “Asociación de Mujeres Separadas y Divorciadas” e a “Federación Comarcal de Jubilados y Pensionistas de UGT de Lugo”.

Orozco e Besteiro mantiveron en primeiro lugar unha reunión privada -para protexer o anonimato- con integrantes de todas as idades do colectivo de mulleres quenes explicaron que o galardón empregarase para potenciar a súa actividade, é dicir, para ofrecer axuda económica, así como asesoramento xurídico ou laboral ás vítimas de violencia de xénero. Ducias de persoas anónimas son voluntarias da “Asociación de Mujeres Separadas y Divorciadas” de Lugo. De xeito totalmente desinteresado, facilitan domicilio, buscan emprego ou mesmo acompañan ós xuízos ás afectadas pola violencia machista.

O Alcalde e o Presidente reuníronse ademais, con membros da “Federación Comarcal de Jubilados y Pensionistas de UGT de Lugo”. Trátase dun colectivo integrado por máis de 400 persoas. Son xubilados que anteriormente, formaban parte de federacións de UGT como a do metal ou da construción, entre outras. Agora, pagan unha cota trimestral de 9 euros que adican a axudas para os maiores. Entre as súa funcións, está a de control das residencias públicas da capital co obxectivo de garantir a prestacións dos servizos obrigatorios ós seus usuarios. O premio da gala suporá un incremento do escaso presuposto co que conta para desenvolver a súa actividade.


Escoitar audio:
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova