Cargando....
Concello de Lugo
23/11/19
NOVAS
Escoita esta páxina

O Alcalde de Lugo participa na tradicional lectura de "El Quijote"


# Mércores, 27/04/2011
A lectura deu comezo as 17.00 horas na Praza Maior de Lugo como acto conmemorativo do Día Mundial do Libro

Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, membros do equipo de Goberno, e outros membros da Corporación Municipal, participaron esta tarde na lectura pública de “El Quijote” que tivo lugar na Praza Maior de Lugo como acto conmemorativo do Día Mundial do Libro.

Como se ven desenvolvendo nos últimos anos, dende o ano 1998, a asociación cultural Ágora Lugo, en colaboración coa Concellería de Cultura, organiza a tradicional lectura da obra de Miguel de Cervantes para a conmemoración desta data. Este ano, e ao coincidir o día 23 de abril coa celebración da Semana Santa, as actividades previstas para a conmemoración do Día do Libro leváronse a cabo na xornada de hoxe, mércores 27 de abril.

A lectura de “El Quijote” deu comenzo ás 17.00 horas, coa participación do Alcalde, José López Orozco, diante da Casa Consistorial, e prolongarase ata as 20.30 horas. Nesta xornada, tamén puido verse unha pequena mostra fotográfica que amosa a relación entre a gastronomía e a literatura, e os soportais do Concello acolleron, como xa é tradicional, varios stands de librerías da cidade.

Ás 19.15 horas, no salón de plenos do Concello, terá lugar a presentación do libro “El baile de las lagartijas”, de David de Juan, obra galardoada co XXVIII Premio Internacional de Novela Ciudad de Valencia Vicente Blasco Ibáñez, e apadriñada na súa presentación na cidade polo escritor lucense Pablo Núñez. Posteriormente o autor levará a cabo unha firma de exemplares.

O Día do Libro conmemórase desde o ano 1930 en lembranza do falecemento dos escritores Miguel de Cervantes y Saavedra, William Shakespeare e o do cronista Garcilaso de la Vega (el Inca), todos ocurridos o 23 de abril de 1616. No ano 1995, a UNESCO acordou a proclamación universal do 23 de abril como o “Día Mundial do Libro e dos Dereitos de Autor”.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova