Cargando....
Concello de Lugo
23/11/19
NOVAS
Escoita esta páxina

Recepción no Concello aos deportistas da Escola de Taekwondo


# Mércores, 27/04/2011
O Alcalde presidiu a recepción aos deportistas que participaron no campionato de Galicia de categoría promesa e que acadaron seis medallas

Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, xunto con outros membros da Corporación Municipal, recibiron esta tarde na Casa Consistorial aos deportistas do equipo da Escola Lucense de Taekwondo que veñen de acadar seis medallas no campionato de Galicia de categoría promesa de combate, que tivo lugar o pasado sábado día 2 de abril na localidade pontevedresa de Cangas.
A Escola Lucense acudiu a esta cita deportiva coa representación de Lorenzo de Rosa e Iván Sangiao na categoría senior; Sheila Fernández e Celia Salvador en junior; e Sara Flores, Xabier Fernández e José Luis Pampín en cadete. Todos eles estiveron hoxe presentes na recepción agás Lorenzo de Rosa, que se atopa en Italia, e os seis xóvenes deportistas estiveron acompañados polo equipo técnico, formado por Jorge Moreno, Fernando Rubal e Pablo Castro.
Un dos adestradores, Jorge Moreno, explicou ao Alcalde e os membros da Corporación a excelente actuación da Escola Lucense no campionato disputado en Cangas, obtendo un total de 6 medallas, con 4 vitorias por K.O. Con esta magnífica actuación, a Escola Lucense de Taekwondo-Edycel logrou un total de un ouro, duas pratas e tres bronces, o que supón un novo récord para o currículo do club e o deporte lucense, conseguindo catro vitorias por K.O. nunha mesma competición.
O Alcalde de Lugo animou aos deportistas a seguir traballando e acadando éxitos, levando así o nome de Lugo moi lonxe. López Orozco quixo destacar a importancia do deporte na mocidade, e agradeceu os adestradores o traballo realizado cós rapaces e rapazas que adican parte do seu tempo de lecer ás actividades deportivas, que según destacou “axudan a formar non só bos deportistas senón tamén boas persoas”.
O Alcalde, xunto cós membros da Corporación Municipal presentes na recepción, fixeron entrega aos deportistas dun pequeno recordo da súa visita á Casa Consistorial, formado por unha bolsa deportiva, un libro e un pin da Muralla Romana.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova