Imprimir

PRESENTACIÓN NO CONCELLO DO LIBRO "EL BAILE DE LAS LAGARTIJAS"


28/4/2011

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, a Concelleira de Cultura, Nuria Mundiña, e a axente literaria Déborah Albardonedo, acompañaron esta tarde ao escritor David de Juan na presentación do seu libro “El baile de las lagartijas”, acto que tivo lugar ás 19.30 horas no Salón de Plenos da Casa Consistorial.

A presentación do libro está recollida nas actividades programadas para a conmemoración do Día do Libro que se levaron a cabo ao longo da presente xornada. A obra deste xoven escritor foi galardoada co XXVIII Premio Internacional de Novela Ciudad de Valencia, Vicente Blasco Ibáñez.