Imprimir

O SÁBADO DISPUTARASE O XXXIV MEMORIAL GREGORIO PÉREZ RIVERA DE ATLETISMO


28/4/2011 A proba, que dará comezo ás 11.00 horas, conta con 200 atletas inscritos

O vindeiro sábado, día 30 de abril, celebrarase o XXXIV Memorial Gregorio Pérez Rivera de Atletismo. A actividade está organizada pola Delegación Lucense da Federación Galega de Atletismo, e conta coa colaboración do Concello de Lugo. A proba, que se disputará nas pistas de atletismo municipais Gregorio Pérez Rivera, estará controlada polo Comité Galego de Xuíces da Federación Galega.

O comezo da proba será ás 11.00 horas, xornada só matutina, e prolongarase ata as 13.30 horas. Esta proba, reservada a atletas federados, conta ata o de agora cun total de 200 atletas inscritos, destacando a presenza do subcampión de España de lanzamento de xabalina, o lucense Xosé Manuel Vila.