Cargando....
Concello de Lugo
20/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Festival de Música Cidade de Lugo 2011. XXXIX Semana do Corpus dará comezo o martes 10 de maio


# Xoves, 28/04/2011
Ata o xoves día 2 de xuño a cidade acollerá un total de 15 concertos

Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada

A Concelleira de Cultura, Nuria Mundiña, e o director artístico Xosé Víctor Carou, presentaron esta mañá a programación do Festival de Música Cidade de Lugo 2011. XXXIX Semana do Corpus, que se desenvolverá na cidade dende o martes, día 10 de maio, ata o xoves, día 2 de xuño, cun total de 15 concertos.

Nuria Mundiña destacou os 39 anos de historia deste festival, e sinalou que axustándose a realidade, e asumindo íntegramente por parte do Concello de Lugo a financiación do festival, mantívose un obxetivo claro, “non baixar a calidade que diferencia a este festival, e que é sen dúbida unha referencia para a xente de Lugo e de fóra da cidade”. Este ano son un total de 15 os concertos programados para a Semana do Corpus, que para esta edición contou cun orzamento inferior a outros anos, sendo aproximadamente de 90.000 euros.

Xosé Víctor Carou, que este ano asume a súa décima edición como director artístico do Festival, explicou detalladamente o programa previsto, e destacou a gran calidade das actuacións, que conta con varios debuts tanto en España como en Galicia.

Tamén este ano celebrarase o Corpus dos Nenos, que incluirá un taller de danza e dous concertos dirixidos a toda a familia. Todos os concertos serán de entrada libre e ata completar aforo.




Festival de música cidade de Lugo 2011
XXXIX Semana do Corpus


Martes 10 de maio - Círculo das Artes ás 20.30 horas
Nuria Rial (soprano)
Marta Infante (mezzosoprano)
Vespres d’Arnadí
Daniel Espasa (dirección)
Il duelo amoroso: cantatas italianas e arias de Haendel

Xoves 12 de maio - Círculo das Artes ás 20.30 horas
Njabulo Madlala (barítono)
Roger Vignoles (piano)
Camiños, paisaxes e sentimentos
Cancións de Duparc, Mahler, Vaughan Williams, Schumann, Strauss e populares surafricanas

Venres 13 de maio - Fundación Caixa Galicia ás 20.30 horas
Harmonia Artificiosa
Chi sa amar?, o nacemento da cantata no século XVII
Monteverdi, Sances, Strozzi, Ferrari

Mércores 18 de maio - Círculo das Artes ás 20.30 horas
Roberta Invernizzi (soprano)
Manuel Vilas (arpa doppia)
Craig Marchitelli (tiorba)
L’isola amorosa: madrigais e cancións do Seicento italiano
Frescobaldi, Caccini, Merula, Monteverdi, Ferrari, Strozzi...

Xoves 19 de maio - Círculo das Artes ás 20.30 horas
Jorge Montes (violín)
Alejandro Sanz (marimba / vibráfono)
Na procura dunha nova tímbrica...
Buide, Oboe, Biveinis, Jones

Venres 20 de maio - Fundación Caixa Galicia ás 20.30 horas
Patricia Rejas (fortepiano)
A familia Bach e o fortepiano

Sábado 21 de maio - Círculo das Artes ás 18.00 horas.
Pentafonía quinteto de ventos
Seisdedos títeres
O corpus dos nenos: Valentino, un conto musical

Luns 23 de maio - Fundación Caixa Galicia ás 20.30 horas
Aaron Zapico (clave)
Fantasía: Frescobaldi, Froberger, Purcell, Valente, Picchi

Martes 24 de maio - Círculo das Artes ás 20.30 horas
Duo Scaramouche (piano a catro máns)
Galicia e o piano a catro mans
Adalid, Pillado, García-Picos, Pereiro

Mércores 25 de maio - Fundación Caixa Galicia ás 20.30 horas
Santi Mirón (viola da gamba)
Marju Vatsel (clave)
Música galante
Ruhe, Schaffrath, CPE Bach

Sábado 28 de maio - Conservatorio Profesional de Música ás 11.30 horas (taller) e ás 18.00 horas (concerto).
Taller de danza e concerto familiar
Saor en danza
O corpus dos nenos: Orchesographie, ou a conversa entre música e danza

Luns 30 de maio - Círculo das Artes ás 20.30 horas
Julio Mourenza (piano)
Grandes mestres do piano, Schubert e Debussy

Martes 31 de maio - Conservatorio Profesional de Música ás 20.30 horas
Diego Ventoso (percusión)
Grupo de danza contemporánea do Conservatorio Profesional de Danza de Lugo
Contrapunto eléctrico.
Concerto de percusión, electrónica e danza

Mércores 1 de xuño - Círculo das Artes ás 20.30 horas
Insieme Strumentale di Roma
Giorgio Sasso (director)
Vivaldi, 300 anos de L’Estro Armonico

Xoves 2 de xuño - Círculo das Artes ás 20.30 horas
Sergei Leiferkus (barítono)
Semion Skigin (piano)
A conexión rusa
Cancións de Tchaikovski, Rachmaninov e Mussorgski

 


Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova