Cargando....
Concello de Lugo
09/07/20
NOVAS
Escoita esta páxina

Aberto o prazo para presentar ofertas para a instalación de casetas e caldeiros do polbo durante as Festas do San Froilán


# Xoves, 28/04/2011


O anuncio foi publicado onte no BOP, e os interesados disporán de 15 días naturais para presentar as súas ofertas

Polos acordos da Xunta de Goberno Local dos días 30 de marzo e 20 de abril de 2011, aprobáronse as bases técnicas, o prego de cláusulas administrativas particulares, así como o procedemento aberto de adxudicación para a autorización da instalación de casetas e caldeiros do polbo durante as festas do San Froilán para os anos 2011 a 2014, ambos inclusive.

Por medio do anuncio, publicado onte no BOP, dáse a coñece-la licitación e ábrese o prazo de presentación de documentos. Os interesados contarán con 15 días hábiles, contados a partir da publicación no Boletín Oficial da Provincia de Lugo.

A obtención de documentación e información pode facerse no Servizo de Contratación e Patrimonio, sito na Ronda da Muralla, 197, nos teléfonos (982) 29-71-45, 29-73-01, 29-71-43 ou a través da páxina web do Concello de Lugo: www.lugo.es (Zona de servicios/perfil do contratante/outros).





Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova