Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Alcalde destaca o papel que pode xogar o medio rural na creación de emprego


# Xoves, 28/04/2011
López Orozco interviu na inauguración dunha Xornada sobre xestión de residuos gandeiros organizada polo Cetal e o Ibader

Imaxe Asociada

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, participou hoxe, na inauguración dunha Xornada sobre xestión de residuos gandeiros, que organizan a Fundación Cetal e o Instituto de Biodiversidade Agraria e Desenvolvemento Rural da USC.

Na súa intervención, o Alcalde salientou a importancia de atopar solucións para este tipo de residuos, para evitar problemas de contaminación, sobre todo nunha provincia como a de Lugo que é a provincia galega con maior número de vacas, 440.000, segundo datos do Inludes, e só no noso concello hai rexistradas 230 explotacións de carne e leite.

O Alcalde dixo que o Concello de Lugo fai unha aposta decidida polo rural e pola creación de emprego nel, para contribuír a reactivar a economía e para evitar o abandono das explotacións e o despoboamento que padece o medio rural galego.

O Alcalde destacou que no rural segue a haber nichos de emprego sen explotar e dixo que é necesario aproveitalos porque son importantes para axudar á reactivación do emprego.

López Orozco sinalou que “é a nosa obriga neste momento aproveitar todas as oportunidades de creación de emprego” e sinalou que esas oportunidades van desde a potenciación da agricultura ecolóxica ata o turismo xa que “concretamente no caso de Lugo, o 80% do noso territorio é rural, conta cunha paisaxe extraordinaria e cun patrimonio arquitectónico tradicional que temos a obriga de protexer e son atractivos dabondo que podemos aproveitar para captar turistas”.

A Xornada sobre xestión de residuos gandeiros ten lugar na Escola Politécnica Superior e nela participan expertos galegos, de Cataluña e o País Vasco.

 


Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova