Imprimir

RECEPCIÓN NO CONCELLO Á FEDERACIÓN ESPAÑOLA DE PESCA


28/4/2011

Os integrantes da Federación Española de Pesca e participantes no Campionato de España, que se desenvolverá mañá venres e o sábado no Coto de Ombreiro, foron recibidos esta tarde na Casa Consistorial polo Alcalde de Lugo

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, presidiu esta tarde a recepción a unha representación dos 88 pescadores, procedentes de toda España, que participarán mañá venres e o sábado día 30 de abril no XL Campionato de España de Selecciones Autonómicas de Pesca de Salmónidos Lance, que terá lugar no Coto de Ombreiro.

Esta é a segunda ocasión que se celebra unha proba correspondente ao Campionato de España na cidade de Lugo. O Alcalde, José López Orozco, explicou aos asistentes a importancia da auga para a cidade, coa creación da nova depuradora, e a gran relevancia do Río Miño para Lugo.

O Alcalde fixo entrega á Federación de Pesca dun exemplar do libro “Os Caneiros do Miño”, e animou aos participantes a disfrutar da cidade e dos seus entornos, para o que se lles fixo entrega dunhas guías turísticas da cidade.