Cargando....
Concello de Lugo
18/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Os Radares Xuvenís de Italia e Portugal visitan o Concello de Lugo


# Venres, 29/04/2011
Dezaseis rapaces e rapazas, procedentes de Italia e Portugal, foron recibidos hoxe na Casa Consistorial polo Alcalde de Lugo e a Concelleira de Xuventude

Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e a Concelleira de Xuventude, Rosana Rielo, recibiron esta mañá na Casa Consistorial aos dezaseis participantes no programa Radares Xuvenís, chegados dende Italia e Portugal.

Os xóvenes, oito procedentes de Italia e oito de Portugal, chegaron onte a Lugo acompañados de dous monitores. Durante as xornadas que permanecerán na cidade, ata o vindeiro domingo, os rapaces e rapazas participarán nas actividades do MAX (Movida Alternativa Xuvenil), asistirán, mañá sábado ás 22.00 horas, a un concerto na Casa da Música, e visitarán a cidade. En todas estas actividades, os rapaces e rapazas estarán acompañados polos alumnos elixidos como Radares Xuvenís en Lugo para o presente curso académico, un total de doce, 5 rapaces e 6 rapazas, cos que poderán compartir as súas experiencias e coñecer o funcionamento do programa na cidade.

O Alcalde, que animou aos rapaces e rapazas a disfrutar da súa estancia na cidade e a compartir experiencias cos Radares Xuvenís de Lugo, fixo entrega aos monitores dun exemplar, un en inglés e outro en galego, do libro da Muralla Romana. Tamén se lles entregou unha bolsa con diverso material escolar do programa Radares Xuvenís, e información turística da cidade. Pola súa banda, os monitores fixéronlle entrega ao Alcalde dun libro e dvd da cidade italiana de Alessandría e viño e postais de Portugal.

radares.bitacoras.com



Escoitar audio:
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova