Imprimir

O LUNS ÁBRESE O PRAZO PARA PRESENTAR CARTEIS Ó CONCURSO QUE ELIXIRÁ A IMAXE DO SAN FROILÁN E O SAN FROILANCIÑO


29/4/2011 A Concelleira de Cultura deu a coñecer hoxe as bases dos dous concursos de carteis

A Concelleira de Cultura, Nuria Mundiña, deu a coñecer hoxe as bases dos concursos de carteis do San Froilán e o San Froilanciño 2011.

Mundiña explicou que o prazo para a presentación dos orixinais estará aberto entre o luns 2 e o martes 31 de maio, ata as 14.30.

O Premio de deseño gráfico San Froilán 2011 ten unha dotación económica de 2.000 euros e o de San Froilanciño, para menores de 15 anos, recibirá un premio valorado en 500 euros.

A Concelleira de Cultura explicou que o tema é libre e que os deseños contribuirán a exaltar a cidade de Lugo e as súas festas de San Froilán.

Mundiña tamén amosou a súa confianza en que este ano haxa aínda máis participación no certame ó que o ano pasado se presentaron 66 orixinais na modalidade de adultos e outros 20 na infantil.

www.sanfroilan.info