Cargando....
Concello de Lugo
01/04/20
NOVAS
Escoita esta páxina

O Alcalde asinou co Ministro de Fomento e o Conselleiro de Medio Ambiente o convenio para a rehabilitación do Casco histórico


# Venres, 29/04/2011
O convenio prevé o arranxo de 82 vivendas en catro anos cun investimento de case 2.400.000 euros

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, asinou esta tarde co Ministro de Fomento, José Blanco, e o Conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, o convenio para a rehabilitación do Casco histórico da cidade.

O Alcalde lembrou que “este convenio significa continuar coa rehabilitación do centro histórico de Lugo, unha obra coa que comecei desque son Alcalde” e sinalou que “o noso empeño é acabar con esa rehabilitación para que o centro histórico estea en perfectas condicións”.

López Orozco tamén destacou a importancia do convenio xa que “pasiño a pasiño, grazas a colaboración co Ministerio, a Xunta, o Concello e os particulares estamos rehabilitando o centro histórico, estamos creando emprego e dando unha mellor imaxe da cidade”.

Na fase 12 deste convenio está prevista a rehabilitación de 82 vivendas cun presuposto total de 2.397.680 euros. O investimento correrá por conta do Concello, o Ministerio, a Consellería e os propietarios das vivendas.

O Ministerio de Fomento achegará 811.800 euros, que supoñen o 33,86% do orzamento; o Instituto Galego da Vivenda e Solo achegará 533.000 euros, o 22,23%; o Concello, 364.080 euros, é dicir o 15,18%, e os 688.800 euros restantes correrán por conta dos propietarios.

A duración do convenio é de 2011 a 2014.

O acto de sinatura tivo lugar a primeira hora da tarde na Delegación do Goberno, na Coruña. 
 


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova