Cargando....
Concello de Lugo
24/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O XII Torneo Prebenxamíns de Fútbol Sala dará comezo este sábado


# Luns, 02/05/2011
As probas celebraranse os sábados 7, 14, 21 e 28 de maio e 4 e 11 de xuño no Centro Deportivo Terra

Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
O Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, o delegado de Deportes da Xunta en Lugo, José Manuel Rozas, e o Director do Torneo, Diego Ríos, presentaron esta mañá o XII Torneo Prebenxamíns Fútbol Sala Escola Terra.

O Torneo, organizado por Prone Lugo AD e a Escola de fútbol sala Terra, e que conta entre outras colaboracións coa do Concello de Lugo, disputarase os sábados 7, 14, 21 e 28 de maio e os sábados 4 e 11 de xuño no Centro Deportivo Terra. Segundo destacou o Concelleiro de Deportes, esta proba será o remate dunha magnífica tempada de fútbol sala na provincia, e destacou a importante labor da canteira que ten o equipo do Azkar.

Segundo explicou o Director do Torneo, poderán participar os nenos e nenas nados nos anos 2003, 2004 e 2005 en dúas divisións. A 1ª división serán 14 equipos (dous grupos de sete equipos para os nados en 2003 e 2004) e a 2ª división onde serán 12 equipos (dos grupos de seis equipos compostos polos nados en 2004 e 2005). En total serán 26 os equipos participantes cunha participación ao redor de 400 nenos e nenas procedentes de Lugo capital, a súa provincia e Ourense.

O Torneo de Fútbol Sala disputarase en xornada de mañá, de 9.00 a 15.00 horas, agás e os días 21 e 28, que, como novidade, se disputarán en dúas xornadas, de mañá e de tarde. Os partidos, en total entre todo o Torneo serán 85, disputaranse no Centro Deportivo Terra. A entrega de trofeos será o 11 de xuño, na última xornada do Torneo.



Escoitar audio:
Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova