Imprimir

SELECCIONADOS OS GAÑADORES DO X CONCURSO DE DEBUXO DE EDUCACIÓN VIARIA CIDADE DE LUGO


2/5/2011 Nesta décima edición do certame participaron 33 centros escolares galegos

O xurado da X edición do Concurso de Debuxo de Educación Viaria Cidade de Lugo reuníuse esta mañá nas instalacións do Parque Infantil de Tráfico do Concello de Lugo para seleccionar os debuxos gañadores deste certame, destinado a todos os escolares e estudantes de Secundaria e Bacharelato de toda Galicia.

A Concelleira de Educación, Dolores Vieiro, presidiu o xurado, que estivo integrado polo Director do PIT do Concello de Lugo, José Reigosa García, a Coordinadora de Educación Vial da Xefatura de Tráfico de Lugo, Sara Fuenteseca, e o ex-Director da Escola de Artes Ramón Falcón de Lugo, Manuel Lamas Castro.

Nesta décima edición do Concurso participaron 33 centros educativos de toda Galicia que presentaron 782 debuxos en todas as categorías. As bases do certame establecen as seguintes categorías: para alumnos de 1º, 2º e 3º de primaria; para alumnos de 4º,5º e 6º de primaria; para alumnos de 1º,2º e 3º de secundaria; para alumnos de 4º de secundaria, 1º e 2º de bacharelato e para alumnos de Educación Especial.

Segundo as categorías, os primeiros premios consistirán en ordenador portátil ou bicicleta e casco; os segundos, nunha minicadena musical ou bicicleta e casco e os terceiros premios consistirán nun trofeo. Todos os escolares e colexios participantes no certame recibirán un diploma acreditativo. Ademais, os centros escolares con maior calidade artística e con maior participación recibirán trofeo e diploma.

Según sinalaron os membros do xurado, o centro escolar con maior participación foi o CPI. ANTONIO ORZA CANTRO (BOQUEIXON, A Coruña), mentres que o centro escolar con maior calidade artística en xeral foi o CPI. COVATERREÑA (BAIONA, Pontevedra). O 14 de maio farase unha exposición dos debuxos premiados, así como dunha selección dos que o xurado considere de maior interese.

Os gañadores que resultaron seleccionados segundo as distintas categorías contempladas nas bases son:

Categoría E (Educación Especial):
1º.-Juan Ignacio Latorre Morado - Cee. Apader - CEDEIRA - A Coruña
2º.-Humberto Sánchez Costa - Cee. Aspnais - LUGO
3º.-Celia Mª Pérez Luaces - Cee. Aspanais - LUGO
ACESIT: Cristrian Castro López -Cpr. Mª Auxiliadora - LUGO

Categoría D. (4º secundaría, 1º y 2º de bachiller):
1º.-Diana Pereira Fernández - Ies. De Sar - SANTIAGO - A Coruña
2º.-Teresa García González - Ies. Carlos Casáres - VIGO -Pontevedra
3º.-Javier Galbón Montaña - Cpi. Covaterreña - BAIONA - Pontevedra

Categoría C. (1º,2º y 3º de secundaria):
1º.-Brais Rodríguez Giráldez - Cpi. Covaterreña - BAIONA - Pontevedra
2º.-Nazaret López - Ies. Carlos Casares - VIGO - Pontevedra
3º.-Laura Vidales Fernández - Cpi. Covaterreña - BAIONA - Pontevedra
ACESIT.-Isaac Villar Romero - Ies. Carlos Casares - VIGO - Pontevedra

Categoría B. (4º,5º y 6º de primaria):
1º.-Imane Zouhri - Ceip. A Pontenova - A PONTENOVA - Lugo
2º.-Isabella Mª Romero Araujo - Ceip. Illa Verde - LUGO
3º.-Brais Abuín Grandio - Ceip. Luis Pimentel - LUGO
ACESIT.-Adrián García Piñeiro - Ceip. de Ponzos - FERROL -A Coruña

Categoría A. (1º,2º y 3º de primaria):
1º.-Raquel López Amado - Ceip. Illa Verde - LUGO
2º.-Christian Alonso López - Ceip. nº 1 - FOZ - Lugo
3.-Enma Ferre González - Ceip. O Cantel - FOZ - Lugo
ACESIT.- Tania García Pérez - Ceip. Sagrado Corazón -LUGO