Imprimir

"FINGOI COAS LETRAS 2011" PROGRAMA UNHA VISITA A MONFORTE DE LEMOS


2/5/2011 A excursión será o 10 de maio e contempla a visita á Casa da Cultura que acolle unha mostra adicada a Lois Pereiro, a quen se lle adica este ano o Día das Letras Galegas

O Centro de Convivencia de Fingoi, dependente da Concellería de Benestar Social e Igualdade, e a Deputación Provincial de Lugo, a través do programa Km0, programan unha visita a Monforte de Lemos para o vindeiro martes día 10 de maio.

O itinerario do Km0 Monforte na Historia inclúe a recepción na Excma. Deputación de Lugo, visita ao Mazo de Santa Comba, xantar en Monforte e visita ao Escolapios coa pinacoteca obras do Greco. Tamén se visitará a Casa da Cultura de Monforte coa exposición sobre a vida e obra de Lois Pereiro a quen se lle adica este ano o Día das Letras Galegas.

Esta excursión está destinada aos usuarios do Centro de Convivencia de Fingoi e dos demais centros do Concello de Lugo, se quedan prazas vacantes unha vez rematado o prazo de inscrición.

O prazo de inscrición é dende mañá martes día 3 de maio e ata o vindeiro 8 de maio, ou ben ata cubrir prazas, por orde de solicitude no propio centro.