Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Recepción no Concello aos directores e directoras dos centros educativos e patrocinadores do programa Almorzos Saudables


# Luns, 02/05/2011


Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada

O Alcalde de Lugo e as Concelleiras de Servizos Xerais e Educación quixeron agradecer aos directores e directoras dos centros educativos e patrocinadores o gran éxito acadado nestas oito edicións do programa Almorzos Saudables

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, a Concelleira de Servizos Xerais, Luisa Zarzuela, e a Concelleira de Educación, Dolores Vieiro, recibiron esta tarde na Casa Consistorial aos 26 directores e directoras dos centros educativos participantes no programa educativo de hábitos alimentarios dirixido aos máis cativos “Almorzos Saudables”. No acto tamén estiveron presentes representantes das tres empresas que colaboraron co Concello de Lugo no desenvolvemento deste programa.

Este ano, o programa Almorzos Saudables do Concello de Lugo, que se desenvolveu baixo o lema “Non só comas, aliméntate”, chegou a 2.200 rapaces e rapazas lucenses de entre 6 de 8 anos de centros escolares públicos, privados e concertados. O obxectivo desta campaña son claros, conseguir que os rapaces almorcen e ademais o fagan do xeito máis saudable, é dicir, cun produto lácteo, froita, cereais ou plan.

O Alcalde salientou o gran éxito acadado por este programa de educación de bos hábitos na alimentación, que se leva desenvolvendo dende o ano 2004, e agradeceu e alabou a gran labor desenvolta polos profesores. Por iso, sinalou que a campaña do Concello intenta complementar as ensinanzas sobre alimentación saudable que imparten os profesores durante todo o ano. López Orozco non quixo esquecer as tres empresas colaboradoras neste programa, Ingapan, Eroski e Rio, que participaron no seu desenvolvemento dun xeito gratuíto e sen os cales non sería posible.

O Alcalde e as Concelleiras de Servizos Xerais e Educación, fixeron entrega aos directores e directoras dos centros educativos, así como aos representantes das empresas colaboradoras dunha praca conmemorativa onde quedou reflexado o agradecemento do Concello de Lugo no desenvolvemento e implicación no programa “Almorzos Saudables”.

www.lugo.es/ws/almorzossaudables

 




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova