Cargando....
Concello de Lugo
02/06/20
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello adica o polideportivo de A Piringalla a Daniel Cordido


# Martes, 03/05/2011
O Alcalde de Lugo, xunto con outros membros da Corporación Municipal, descubriron esta mañá no Polideportivo de A Piringalla a placa que leva o nome de Daniel Cordido

Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
O pasado 30 de marzo o Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, anunciou que a Corporación Municipal, de forma consensuada, acordaba nomear ao Polideportivo de A Piringalla como Daniel Cordido. Esta mañá, o Alcalde de Lugo, José López Orozco, acompañado por membros da Corporación Municipal, descubriu a praca coa que queda reflexado o cambio de nome, e que está adicada a Daniel Cordido.

No acto, onde estiveron presentes amigos e familiares de Daniel Cordido, o Alcalde de Lugo destacou a importante labor desenvolta por Daniel Cordido no eido deportivo, e sinalou que “este é un precioso acto onde se reúne xente que tanto fixo polo deporte e un bonito recordo para unha gran persoa”. López Orozco destacou que “este sencillo homenaxe é para un gran home e exemplo de que as persoas coma el son as que sustentan o deporte na nosa cidade”.

Daniel Cordido Castro

Daniel Cordido Castro naceu en Lugo o 11 de novembro de 1950 e finou nesta mesma cidade o 2 de setembro de 2009, ós 57 anos de idade. Orfo de pais dende moi novo, toda a súa vida residiu na rúa 18 de Xullo, no barrio de A Milagrosa.

Cursou estudos na antiga Escola de Maestría Industrial, onde obtivo o título de oficial industrial e mestre industrial electricista. Desenvolveu a súa actividade profesional nas empresas Electricidad Luis Barrio, fábrica de conservas vexetais SOCOVESA, Chocolates Carmiña e Cafés Las Delicias ata que, na calidade de funcionario da Xefatura Provincial de Tráfico de Lugo, responsabilizouse, durante máis de 20 anos, dos servizos de mantemento deste organismo.

A súa faceta de deportista abarcou numerosas disciplinas, non só como practicante senón tamén como adestrador, xuíz e directivo, sempre dun xeito completamente desinteresado e altruísta. Practicou atletismo, baloncesto, balonmán, fútbol e voleibol, en competicións federadas, ademais do ciclismo, actividade esta que o levou a facer o Camiño de Santiago en bicicleta, polo cal foi recompensado co premio Xacobeo 1992. Estaba en posesión das titulacións oficiais de adestrador nacional de baloncesto e balonmán, de instrutor xuvenil de fútbol e de árbitro de voleibol.

Foi un dos fundadores da sección de baloncesto da SCD Milagrosa, da que tamén foi o seu primeiro adestrador. Da man de Daniel Cordido iniciaron ou completaron a súa formación, en distintas épocas, numerosas figuras do baloncesto provincial, galego e nacional, como o xogador internacional Manel Sánchez, o adestrador Juan Corral e os xogadores Manolito Díaz e Carlos Devesa, entre outros.

Daniel Cordido foi asemesmo cofundador da Unión Deportiva Lucense de Balonmán (antes Unión Deportiva Chanca), clube do que tamén foi adestrador e co que acadou o ascenso á categoría nacional.

Os múltiples servizos de Daniel Cordido ó deporte complétanse coa súa faceta de informador deportivo, a cal o levou a colaborar en diversos medios, dende o xornal El Progreso ata a axencia EFE e o diario ABC. En todos eles ten publicadas numerosas crónicas, reportaxes e entrevistas, xa foran de fútbol como de baloncesto, balonmán e outros deportes.

Na memoria de todos os lucenses, a figura de Daniel Cordido está presente nos só pola súa significación deportiva, senón tamén pola súa humanidade, xenerosidade e hombría de ben, virtudes que sempre constituíron o verdadeiro guieiro da súa conduta e que tratou de inculcar a cantos rapaces se iniciaron da súa man no deporte.



Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova