Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

A Concelleira de Benestar Social presenta un DVD conmemorativo do 15 aniversario da ONG Cova da Terra feito pola Fundación TIC


# Martes, 03/05/2011


Imaxe Asociada
A Concelleira de Benestar Social, Carmen Basadre, presentou esta tarde unha reportaxe elaborada por bolseiros e persoal técnico da Fundación TIC con motivo do 15 aniversario da ONG Cova da Terra, que amosa a historia desta organización, os seus comezos e as actividades desenvolvidas ó longo dos anos. Logo do visionado, fíxose unha degustación de produtos ecolóxicos e de comercio xusto que habitualmente se atopan na tenda.

A Cova da Terra é unha ONG que traballa desde 1995 no eido do comercio xusto, vendendo produtos das cooperativas de países empobrecidos, sensibilizando e formando ós consumidoras do contorno máis próximo. Asimesmo, a TIC está a elaborar un DVD sobre as escolas tradicionais en Momán, Xermade, no que se recollen as vivencias dos veciños de Momán desde a súa infancia. No primeiro día de gravación, o pasado mes de abril, os veciños recrearon a súa época escolar acudindo á escola habaneira na que lles ensinaron a ler e escribir. Este mércores, continuará a gravación da reportaxe cun encontro cos veciños onde conversarán e recrearán as vivencias cotiás de entón.





Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova