Cargando....
Concello de Lugo
05/12/20
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello conmemorará o Día de Europa con actos que terán lugar o domingo e o luns


# Mércores, 04/05/2011


Imaxe Asociada

O Concello de Lugo vai conmemorar o Día de Europa con diversos actos para nenos, que terán lugar o domingo, 8 de maio, e un acto institucional que se celebrará o luns, 9 de maio.

Os actos, organizados por Europe Direct, comezarán o domingo con actividades para nenos que se desenvolverán baixo o lema “A nosa Europa”. A partir das 11 da mañá e ata as 5 da tarde haberá xogos, xincana, obradoiros de debuxo e outras actividades na praza Maior.

O acto institucional do Día de Europa terá lugar o luns, 9 de maio, ás 12 da mañá, diante do Concello. Será presidido polo Alcalde, José López Orozco, que lerá un manifesto conmemorativo. O acto completarase co izado de bandeiras e a interpretación do himno europeo.

Máis información: www.lugo.es/europedirect

 




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova