Imprimir

O CEMITERIO MUNICIPAL DE SAN FROILÁN ACOLLEU ONTE OS ACTOS DE CELEBRACIÓN DO DÍA DA NAI


4/5/2011

A Concelleira de Servizos Xerais, Luisa Zarzuela, asistiu onte pola tarde ao recital da Coral Lugh e ao recital de Adela Figueroa, adicado ao Día da Nai

A Concellería de Servizos Xerais, Luisa Zarzuela, participou onte nos actos de celebración do Día da Nai que tiveron lugar no Cemiterio Municipal de San Froilán.

A actuación da Coral Lugh e o recital de Adela Figueroa, coa lectura dun poema escrito por Darío Xoán Cabana e adicado a todas as nais, foron os actos de lembranza a todas as nais e especialmente a aquelas que xa non están entre nós. Un poema emotivo, próximo e realista que quedará gravado na zona do Cemiterio.

Luisa Zarzuela destacou que “queremos que o Cemiterio sexa un lugar onde poidamos celebrar habitualmente actos culturais”. Por iso, sinalou, “dende o Concello traballamos nos últimos anos para cambiar o concepto máis tradicional do cemiterio, dándolle outra dimensión diferente, para que sexa un espazo máis integrado na cidade, e para poder celebrar actos culturais”.

Coñezca o Cemiterio Municipal