Cargando....
Concello de Lugo
20/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Este sábado terá lugar na Praza Maior o Desfile de Moda Arde Lucus


# Mércores, 04/05/2011
A segunda edición do desfile Moda Arde Lucus será na Praza Maior de Lugo, a partir das 20.30 horas, e mostrará entre 40 e 50 deseños de moda romana para nenos, mulleres e homes

Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada

A Concelleira de Xuventude animou a todos os lucenses a achegarse ata a pasarela para coñecer as ideas presentadas polos deseñadores e estilistas da cidade para a celebración do Arde Lucus

A Concelleira de Xuventude, Rosana Rielo, e Miriam Souto, de Miriam Souto Peluqueros, presentaron esta mañá en rolda de prensa a segunda edición do Desfile de Moda Romana, previo a festividade do Arde Lucus, e que terá lugar este sábado, día 7 de maio, na Praza Maior de Lugo a partir das 20.30 horas.

A Concelleira de Xuventude salientou que este ano o Desfile de Moda Arde Lucus conta cunha participación máis ampla que no ano pasado, e animou a todos os lucenses a achegarse ata o desfile para coller ideas dos deseños e peiteados presentados polos deseñadores e estilistas da cidade. En total, poderán verse sobre a pasarela entre 40 e 50 deseños para nenos, mulleres e homes, onde poderán verse verse múltiples variedades de deseños e peiteados. Segundo destacou Miriam Souto, todos os modelos serán particulares, xa que está pensado para a xente da rúa, a xente que participa caracterizándose para a celebración do Arde Lucus.

Polo que respecta aos deseños, Miriam Souto destacou que están feitos por asociacións, artesáns e deseñadores da cidade, e se ben poderán adquirise tras o desfile, “faise para que a xente adquira e colla boas ideas para confeccionar os seus propios deseños de vestiario e peiteados na súa casa”. Con respecto as tendencias para este ano, Souto destacou que “este ano será máis impactante” xa que se levarán peiteados con posticería, chegando a larguras de cabelo de metro e medio e recollidos con 40 centímetros de altura.

A Concelleira de Xuventude quixo agradecer as empresas colaboradoras: Jean Louis David, Kee Mono, Miriam Souto, René Velasco, Sara Lage e Maru Calderón, Unha de Romanos e Corazones Artesano de Lugo, a súa participación nesta segunda edición do Desfile Moda Arde Lucus.

www.ardelucus.com

 


Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova