Imprimir

OS PARTICIPANTES NOS CONGRESOS QUE SE ESTÁN A CELEBRAR NA ESCOLA POLITÉCNICA SUPERIOR DE LUGO VISITARON HOXE O CONCELLO


4/5/2011 Os setenta participantes foron recibidos na Casa Consistorial pola Concelleira de Economía e Emprego, Sonia Méndez

A Concelleira de Economía e Emprego, Sonia Méndez, recibiu esta tarde no Salón de Plenos da Casa Consistorial a 70 participantes nos dous congresos que se están a desenvolver durante esta semana na Escola Politécnica Superior de Lugo.

O primeiro destes congresos celebrouse o luns día 2 de maio e o martes día 3, e tratouse dunha reunión da Rede de Investigación en Manexo Sostible de Ecosistemas Terrestres (RIMSET), formada por universidades e centros de investigación de México, Portugal, Alemaña e España.

O segundo congreso desenvolveuse durante a xornada de hoxe, e prolongarase durante mañá xoves e o venres día 6 de maio. Trátase da III Reunión do Grupo de Traballo de Modelización Forestal da Sociedade Española de Ciencias Forestais (SECF).