Cargando....
Concello de Lugo
01/12/20
NOVAS
Escoita esta páxina

Lugo terá un novo centro cultural no vello cárcere


# Mércores, 04/05/2011
O proxecto ten un presuposto de 5,7 millóns de euros e financiarase con fondos do Plan Urban

Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada

O Alcalde entregou hoxe os diplomas a participantes no curso de formación en madeira impartido pola Fundación laboral da Construción

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, informou hoxe de que o proxecto de transformación do vello cárcere nun centro cultural está a punto de rematar.

O Alcalde fixo este anuncio nun acto celebrado no vello cárcere onde entregou os diplomas a asistentes a un curso de formación en madeira, no que tamén estiveron presentes os Concelleiros de Economía e Emprego, Sonia Méndez; de Protección da Comunidade, José Rábade, e de Infraestruturas, José Piñeiro, así como o Presidente da Fundación Laboral da Construción, Hipólito Trinidad.

O proxecto de creación dun centro cultural no edificio do vello cárcere ten un presuposto de 5,7 millóns de euros e executarase en dúas fases.

A primeira, que ten un orzamento de 3,6 millóns de de euros, contratarase de xeito inmediato, segundo anunciou o Alcalde, e levarase a cabo nas instalacións que non están a ocupar as instalacións da Policía Local.

A segunda fase executarase tan pronto se traslade a Policía Local ó novo cuartel que está en construción na zona de San Fiz.

O proxecto de transformación do vello cárcere nun centro cultural forma parte do Plan Urban, que cofinancia a Unión Europea. O proxecto foi redactado polo estudo da Coruña Creus y Carrasco, que foi o gañador do concurso de proxectos convocado polo Concello.

As obras da primeira fase afectarán ó patio, que se vai converter nun espazo para exposicións e eventos, as antigas celas de homes situadas no espazo circular que dá ó patio e as de mullres situadas nun módulo tralas celosías que dan ó patio central. Tamén se inclúe nesta fase o módulo traseiro que se adicará a estudo e exposición dos restos arqueolóxicos da cidade.

Na contratación desta obra porase como obriga ó adxudicatario a contratación de alumnos do curso de formación ocupacional en madeira organizado polo Plan Urban, que se impartiu na Fundación laboral da Construción.

Este curso tivo un presuposto de 57.500 euros e participaron nel 11 alumnas/os. Tivo unha duración de 540 horas, das que 510 foron de formación práctica no oficio, 28 horas de prevención de riesgos laborais e outras 2 horas de formación ambiental.

Os alumnos realizaron traballos de rehabilitación de madeira que terá que executar a empresa adxudicataria das obras de rehabilitación do vello cárcere, de feito traballaron sobre portas, celosías e solos e tamén construíron algunha porta nova para sustiuir as de metal dalgunha cela na que non se conservan as orixinais.

Tamén fabricaron caixas deseñadas para a comercialización de produtos autóctonos como queixos ou viños.

Zona de baño do Miño

O Alcalde tamén indicou que antes do verán poderá estar lista a zona de baño do río Miño, que se enmarca no Plan Director do Miño impulsado polo Concello e a Deputación. De feito, a Xunta de Goberno da Deputación ten previsto adxudicar este venres o parque infantil cuberto que se situará nas inmediacións do Pazo de Feiras e Exposicións, así como o pantalán da zona de baño que se situará na zona dos Robles e que terá zonas de baño para adultos e para nenos. Na mesma zona tamén se instalarán os vestiarios e un parque infantil.

A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil xa ten o proxecto a información pública e tamén se está a espera da autorización da Xunta solicitada a mediados do mes de abril.

www.lugo.es/urban





Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova