Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Este sábado disputarase a penúltima proba do circuíto Larsa CCNOS


# Venres, 06/05/2011
As probas darán comezo ás 17.00 horas nas inmediacións do Parque da Feira de Exposicións


Imaxe Asociada Imaxe Asociada

Na categoría de adultos hai 1627 inscritos e nas categorías menores 1451

Este sábado, día 7 de Maio, terá lugar a penúltima proba do circuíto Larsa CCNOS 2010-2011 nas inmediacións do Parque da Feira de Exposicións. As probas darán comezo ás 17.00 horas coas seguintes distancias e horarios:

17.00 horas (MINI): 480 metros
17.10 horas (A): 880 metros
17.20 horas (B): 1610 metros
17.30 horas (C+D): 1850 metros
17.40 horas (ADULTOS): 3180 metros

A recollida de dorsais para os novos inscritos que non houberan participado nas anteriores probas será entre as 16.00 e as 16.30 horas na Carpa disposta pola organización.

En total hai 1627 inscritos na categoría de adultos, e 1451 nas categorías menores; 251 en Mini, 443 en A, 397 en B e 360 na categoría C + D.

A organización disporá aparcadoiros nos arredores do Estadio de fútbol Anxo Carro, e duchas para os atletas no Polideportivo Palomar.

Plano do circuito 2011_percorrido_7_maio_ccnos.pdf

deportes.lugo.es

 




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova