Cargando....
Concello de Lugo
13/11/19
NOVAS
Escoita esta páxina

A Asociación Provincial de Amas de Casa e Consumidores Lucus visitaron esta mañá a Casa do Concello


# Venres, 06/05/2011


Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, a Concelleira de Servizos Xerais, Luisa Zarzuela, e o Presidente da Deputación Provincial de Lugo, José Ramón Gómez Besteiro, recibiron esta mañá no Salón de Plenos da Casa Consistorial a visita da Asociación Provincial de Amas de Casa e Consumidores Lucus.

O Alcalde quixo agradecer a visita dos membros da Asociación, unhas 120 mulleres aproximadamente, chegadas dende todos os puntos da provincia lucense, e destacou a gran labor que realizan coas súas xuntanzas, compartindo experiencias e sabiduría, e salientou o feito de que aínda hoxe en día non haia apenas “amos de casa”, un feito que asegurou mudará co tempo. Orozco animou as mulleres “a seguir construíndo en positivo”, e as puxo como un claro exemplo do que é o sostén da familia.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova