Cargando....
Concello de Lugo
13/11/19
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concelleiro de Medio Ambiente anuncia que, por fin, a Xunta vai limpar a Muralla


# Venres, 06/05/2011
González Dopeso dá a benvida a limpeza no adarve, que comezará o luns, e dí que tivo comezar a campaña e vir dúas veces Feijóo para que a Xunta dera sinais de vida

O Concelleiro de Medio Ambiente lembra que segue o deterioro do Museo de San Roque, a Fonte da Pinguela e o Cuartel de San Fernando

O Concelleiro de Medio Ambiente, Lino González Dopeso, anunciou hoxe que, por fin, a Xunta de Galicia vai atender as reiteradas reclamacións do Concello e a presión dos cidadáns de Lugo e vai limpar a Muralla romana.

González Dopeso informou de que hoxe recibiuse no Concello un fax dunha empresa para acceder ó paseo peonil da Muralla co fin de realizar traballos de limpeza do adarve do monumento. Nese fax, a empresa comunica que os traballos comezarán o luns 9 de maio e rematarán o 10 de xuño.

Logo de dar a coñecer esta noticia, o Concelleiro de Medio Ambiente manifestou que “a Xunta, que non é interina pero está desaparecida, por fin dá sinais de vida administrativa e vaise pór a desbrozar a Muralla”.

“Tiveron que producirse dúas visitas do Presidente da Xunta para que a maquinaria administrativa do Goberno galego se puxera funcionar”, dixo González Dopeso quen considerou que “non parece que esto sexa un plan de mantemento da Muralla, senón só unha limpeza que está moi relacionada co momento electoral no que nos atopamos”.

“Benvida sexa, en todo caso, a limpeza, que á Muralla de Lugo faille moita falta”, dixo o Concelleiro de Medio Ambiente. González Dopeso lembrou outras débedas que ten pendentes co patrimonio de Lugo a Xunta de Galicia.

O Concelleiro manifestou que “aínda queda o Museo de San Roque, a Fonte da Pinguela, que segue pingando pero sen ser fonte; o xacemento arqueolóxico situado detrás do Colexio Médico, que xa non sabemos se é un xacemento arqueolóxico ou unha mina de carbón a ceo aberto, e o Cuartel de San Fernando, que irradia protección pero a el ninguén o protexe”.

Por último, González Dopeso pediulle á Xunta de Galicia “máis coherencia, sentido común e eficacia”.

 


Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova