Cargando....
Concello de Lugo
13/11/19
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo súmase ás celebracións do Día de Europa


# Luns, 09/05/2011
O Alcalde leu un manifesto no que destaca a vontade dos lucenses de construír o futuro xunto cos outros pobos de Europa

Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada

O Concello de Lugo festexou hoxe o Día de Europa cun acto institucional presidido polo Alcalde, no que participaron representantes da corporación municipal.

No acto, o Alcalde deu lectura a un manifesto no que lembrou que “tal día como hoxe, o 9 de maio de 1950, un dos pais do que hoxe coñecemos como Unión Europea, Robert Schuman, presentou a súa proposta para a creación dunha Europa organizada”.

“A idea naceu ó considerar que a Unión de todas as nacións da vella Europa era o mellor xeito para conseguir que todos os países se comprometeran a manter unhas relacións pacíficas, despois do trauma que significou a Segunda Guerra Mundial”, recordou o Alcalde e sinalou que, por iso, “a chamada declaración Schuman está considerada desde entón o xérmolo do nacemento da Unión Europea”.

Para López Orozco, “ese compromiso de superar as fronteiras que nos separaban, como o facían os distintos idiomas ou as distintas moedas, foi un proxecto feliz, no que aínda temos que avanzar e iso é responsabilidade de todos, porque a construción dunha Europa unida e solidaria é xa un feito sen marcha atrás pero aínda non chegou ó seu fin, como sucede con todos os proxectos vivos”.

O Alcalde tamén explicou que “este ano, o Día de Europa celébrase baixo o lema “Coñece os teus dereitos e exérceos”. E declarou que “desde o Concello de Lugo sumámonos, como cada ano, a esta conmemoración e consideramos que o lema deste ano non pode ser máis atinado. Porque unha sociedade só é verdadeiramente libre e poderá ser xusta e desenvolvida se os cidadáns que a compoñen son conscientes de cales son os seus dereitos e están dispostos a defendelos”.

“O Concello e os veciños de Lugo sabemos que a liberdade e a xustiza social son dous dos principios dunha sociedade verdadeiramente democrática”, dixo o Alcalde quen afirmou que “tamén sabemos que a Unión das nacións da vella Europa contribui e contribúe a afianzar os dereitos civís nos nosos pobos”.

O manifesto lido polo Alcalde engade que “o pasado, o presente e o futuro de Lugo pasan pola pertenza a Europa. Compartimos un pasado espléndido con moitos lugares de Europa, a Unión Europea ten feito moitas achegas a proxectos importantes que temos en marcha na cidade, en áreas como a formación, o emprego, ou a conservación do noso patrimonio, e hoxe os cidadáns e o Concello de Lugo queremos reiterar o noso desexo e o nosa vontade de seguir construíndo xunto cos outros pobos de Europa o noso futuro”.

Trala lectura do manifesto sonou o himno de Europa e foi izada a bandera da Unión Europea no balcón principal da Casa do Concello, un acto que levaron a cabo dous rapaces, un alumno do colexio dos Franciscanos e unha rapaza francesa que está en Lugo dentro dun programa de intercambio escolar.


Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova