Cargando....
Concello de Lugo
13/11/19
NOVAS
Escoita esta páxina

Un grupo de estudantes de intercambio de Mûr visitan o Concello


# Luns, 09/05/2011
Os 41 alumnos e alumnas de Bretaña, acompañados por catro mestres, estarán na cidade ata o vindeiro venres

Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
O Alcalde invitou a unha rapaza de intercambio de Mûr e a un rapaz do Colexio Franciscanos a que procedesen ao izado da bandeira de Europa en conmemoración ao Día de Europa que se celebra hoxe

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, recibiu esta mañá no Salón de Plenos da Casa Consistorial a visita dos 41 alumnos e alumnas de Mûr (Bretaña), acompañados por catro mestres, que se atopan na cidade de intercambio cos rapaces e rapazas do Colexio Franciscanos. Na visita tamén asistiron os 35 alumnos do Colexio Franciscanos de Lugo que participaron no intercambio cos rapaces e rapazas franceses, acompañados por dúas profesoras.

Os alumnos franceses de intercambio, que durante esta semana vivirán nas casas dos rapaces lucenses que participaron no intercambio, chegaron onte a Lugo, e permanecerán na cidade ata o vindeiro venres. Durante eses días, asistirán ás clases no colexio, visitarán a cidade, realizarán actividades deportivas e culturais, e viaxarán ata A Coruña e Santiago de Compostela.

O Alcalde deulles a benvida á cidade e destacou que esta visita coincide cun día moi importante e tamén especial, o Día de Europa. Así, e aproveitando a súa estancia, López Orozco pediulle a unha estudante de Mûr e a un estudante do Colexio Franciscanos, que foran eles os encargados do izado da bandeira de Europa que tivo lugar no Concello ás 12.00 horas co motivo da celebración do Día de Europa.





Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova