Cargando....
Concello de Lugo
14/10/19
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello organiza seis cursos de novas tecnoloxías para empresarios no CEI-Nodus


# Martes, 10/05/2011
A Concelleira de Economía informou deste plan de formación e das axudas do Plan Urban ós xóvenes empresarios

Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada

A Concelleira de Economía e Emprego, Sonia Méndez, mantivo esta mañá un encontro con xóvenes empresarios no CEI-Nodus ós que informou dalgunhas das iniciativas que ten en marcha o Concello de Lugo de apoio ó mundo da empresa.

O plan de formación tecnolóxica para empresas que vai comezar no CEI e a liña des axudas que concede o Concello para a creación de empresas ó abeiro do Plan Urban foron os dous temas dos que deu conta a Concelleira de Economía e Emprego ós xóvenes empresarios.

A primeira das iniciativas consiste nun plan de formación tecnolóxica para empresas programado polo CEI, que consiste na celebración de seis cursos especialmente orientados a empresarios. Estas actividades de formación terán lugar dende o 16 de maio ata o 20 de xullo. Os cursos tratarán sobre Excel avanzado, Access avanzado, Facturación electrónica, Internet para pemes, Software libre para a xestión de proxectos e Ferramentas online para pemes. As inscricións pódense facer mandando un correo electrónico a infoarrobacei.lugo.es.

Méndez explicoulles tamén ós xóvenes empresarios a liña de axudas a empresas do Plan Urban para o apoio a novas actividades económicas. Estas subvencións adícanse a pemes que abran un centro de traballo da zona Urban, e poden ser tanto para empresas de nova creación ou xa constituídas que realicen un investimento e creen postos de traballo de duración mínima dun ano. Tamén as poden solicitar empresas con menos de cinco anos de vida que se trasladen a un novo centro de traballo da zona URBAN procedentes dos viveiros de empresas que teñen o Concello, a Cámara de Comercio e a CEL.

A axuda é do 50% do total de gastos considerados a fondo perdido no caso de microempresas e pequenas empresas, e do 40% no caso de medianas empresas cun límite por posto de traballo que se establece en 6.000 euros por cada posto ocupado por homes e en 8.000 se o ocupa unha muller. Nos casos nos que os traballadores proveñan dalgunha acción formativa promovida no Proxecto URBAN, os importes máximos increméntanse en 4.000 euros.

O prazo para solicitar as axudas ábrese en dúas fases, a primeira rematou o pasado día 2 de maio e a segunda rematará o 20 de setembro. 

 
cei.lugo.es

www.lugo.es/urban

 




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova