Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello crea un servizo para que as persoas con discapacidade auditiva poidan realizar consultas a través do 010


# Martes, 10/05/2011
A Concelleira de Servizos Xerais presentou o novo servizo para consultas e emerxencias que está activo a través da páxina web do Concello, de SMS ao móbil 639.10.70.10 e no correo electrónico silse010@concellodelugo.org

Imaxe Asociada Imaxe Asociada

A Concelleira de Servizos Xerais, Luisa Zarzuela, deu a coñecer esta mañá un novo servizo que o Concello de Lugo acaba de crear para que as persoas con discapacidade auditiva poidan realizar consultas a través do Servizo de información 010 do Concello de Lugo, así como comunicar unha emerxencia.

Segundo anunciou a Concelleira, a canle para poder realizar ditas consultas son varias:

1- A través da paxina web www.lugo.es na que hai un banner denominado “Agora o 010 máis accesible”, que funciona como un buzón de correo electrónico.

2- A través dun SMS o número de móbil 639.10.70.10

3- A través da conta de correo electrónico silse010arrobaconcellodelugo.org, así mesmo, dita dirección de correo electrónico estará interrelacionada coa policía local para que fora do horario do servizo de información 010, as emerxencias sexan tramitadas.

Con esta iniciativa, destacou Zarzuela, “o Concello quere sumarse, unha vez máis, a que o noso Concello sexa accesible para tódolos cidadáns”.

Tarxeta Cidadá

Así mesmo, a Concelleira de Servizos Xerais, lembrou que os cidadáns xa poden solicitar cita, a través do 010, para solicitar a súa tarxeta cidadá, e salientou que xa hai aproximadamente unhas 300 solicitudes. Con esta tarxeta, os cidadáns obterán tarifas bonificadas, como por exemplo nos billetes do autobús. Así, Zarzuela explicou que mentres un billete ordinario costa 0.64 € e un trasbordo ordinario 0.45€, coa tarxeta cidadá o prezo é menor, de 0.45 € para o billete ordinario e de 0.19 € para o transbordo ordinario. As tarxetas con bonificado social, (para parados, xubilados, estudantes…) terán un prezo aínda máis reducido, de 0.31 € o billete ordinario e 0.10 € o transbordo.

Máis información Tarxeta Cidadá



Escoitar audio:


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova