Cargando....
Concello de Lugo
20/11/19
NOVAS
Escoita esta páxina

O Arde Lucus 2011 xirará ó redor do irmanamento romano-castrexo


# Mércores, 11/05/2011
A recreación dunha cocción cerámica da época romana e o Castro de Taranis, na zona de Campo Castelo, serán dúas das novidades do programa de este ano

Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada

A Concelleira de Xuventude, Rosana Rielo, acompañada pola Directora da Escola de Arte e Superior de Deseño Ramón Falcón, Esther Muñoz, e os profesores do ciclo de cerámica María del Carmen Sendón e Francisco Fernández Ares, deu a coñecer esta mañá dúas novidades importantes na programación do Arde Lucus 2011.

Este ano, no que se cumpre o décimo aniversario da Festa e no que se acadou o nomeamento como Festa de Interese Túristico Galego, a programación do Arde Lucus xirará ó redor do irmanamento romano-castrexo. Así, e segundo destacou a Concelleira de Xuventude, “este ano queremos dar importancia á relación entre romanos e castrexos, e para iso incluímos dúas novidades importantes na programación, unha romana e unha castrexa”.

A actividade romana consistirá na recreación dunha cocción cerámica da época romana que se levará a cabo nunha fiel reprodución dun forno cerámico empregado polos romanos, feito polos alumnos do ciclo de cerámica da Escola de Arte e Superior de Deseño Ramón Falcón. O obxectivo desta actividade é o de profundizar no coñecemento da técnica e tecnoloxía empregada na época romana para a elaboración de produtos e obxectos de alfarería na cidade. Segundo destacou Rielo, “é unha boa oportunidade para dar a coñecer aos lucenses e visitantes esta tecnoloxía que se desenvolveu na nosa cidade na época romana, é unha forma de coñecer máis os nosos orixes”.

A outra novidade na programación é a castrexa, o Castro de Taranis, que estará situado na zona de Campo Castelo. A Concelleira salientou que xa se mantiveron reunións cos comerciantes da zona para explicarlles este proxecto, “un proxecto importante con programación propia e co que se pretende potenciar unha zona da cidade que este ano terá moito protagonismo”. O Castro de Taranis xa ten programadas 24 actividades, como poden ser actuacións en vivo, talleres de armaduras, ogham, velas ou manualidades, selección de xogos participativos infantiis, animacións para o público adulto, contacontos mitolóxicos, queimada popular, confección de artesanía, construción de armamento, ou recreacións de loitas e combates antigos.

Rosana Rielo destacou o gran éxito de participación e afluencia no desfile de Moda Arde Lucus que tivo lugar o fin de semana na Praza Maior de Lugo e que estivo conducido polo Mago Rafa. Alí, puideron verse entre 40 e 50 deseños de moda romana, e segundo destacou a Concelleira, “reflexa as gañas que hai de Arde Lucus”.

A Concelleira de Xuventude tamén anunciou que o Arde Lucus xa está presente nas redes sociais, tendo presenza en Twitter, Flickr, YouTube, Tuenti e Facebook, esta última activada no día de onte e onde transcorridas poucas horas xa se conta con 500 persoas. Rosana Rielo explicou que foi a última hora de onte canto se colgou na rede o videoclip do Arde Lucus 2010, e a media mañá de hoxe xa tiña máis de 1.000 visitas. Uns datos que segundo resaltou a Concelleira son “un éxito e un reflexo de que a xente xa ten gañas de disfrutar do Arde Lucus 2011”.

www.ardelucus.com

O Arde Lucus nas redes sociais

Facebook: http://www.facebook.com/ardelucuslugo
Twitter: http://twitter.com/ardelucus
Flickr: http://www.flickr.com/photos/ardelucus
YouTube: http://www.youtube.com/ardelucuslugo
Tuenti: http://www.tuenti.com/#m=Page&func=index&page_key=1_1555_59658435




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova