Cargando....
Concello de Lugo
25/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Orozco e Besteiro entregan os diplomas ós participantes nos obradoiros que impartiu o CENTRAD o pasado ano


# Mércores, 11/05/2011
Os cursos, homologados pola Consellería de Industria, contribúen a potencialo sector da artesanía e a xerar riqueza e novas oportunidades laborais, segundo destacou o Presidente Provincial

Imaxe Asociada Imaxe Asociada
O centro de artesanía dependente da Deputación incrementou este ano nun 10% o número de xornadas formativas, pasando das 65 da pasada tempada ás 74 ofertadas nesta

Un dos beneficiarios das primeiras bolsas de estudos de artesanía e deseño concedidas na provincia xa comezou a traballar e os tres restantes farano entre esta semana e a seguinte


O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e o Presidente da Deputación de Lugo, José Ramón Gómez Besteiro, entregaron este mércores no salón de actos do Pazo de San Marcos os diplomas acreditativos de asistencia e aproveitamento ós participantes nos 65 obradoiros que impartiu o pasado ano o Centro de Artesanía e Deseño (CENTRAD), dependente do organismo provincial. Estes cursos, que fixeron 540 persoas, contan co recoñecemento oficial da Consellería de Industria, puntuando para a solicitude da Carta de Artesán. Besteiro destacou que esta programación de actividades formativas “contribúe a potencialo sector da artesanía e a xerar riqueza e novas oportunidades laborais na provincia, ademais de a conservar os oficios tradicionais”. O Presidente Provincial subliñou que a Deputación fixo do CENTRAD o centro de Galicia que máis cursos ofrece nesta materia.

A maioría dos obradoiros de 2010 foron de cestaría, pois trátase da especialidade máis demandada, xunto coa de fabricación de artigos de coiro, pero tamén houbo xornadas de xoiaría, cerámica e téxtil, entre outros.

Co fin de seguir potenciando a formación e debido ó incremento de persoas solicitantes, o CENTRAD aumentou neste 2011 en máis dun 10% o número de cursos ofertados. Así, das 65 xornadas do 2010, nas que participaron 540 persoas, pasouse a 74, ampliando en máis dun 5% o número de prazas.

Os cursos da presente tempada arrancaron o 17 de xaneiro e na actualidade estanse impartindo os correspondentes ó período de primavera. Así, nesta segunda semana do mes de maio comezou un obradoiro de técnicas de macramé aplicadas á cestaría, que se desenvolve por primeira vez e terá lugar hasta o día 13, en horario de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00; e outro de “Pinturas Vítreas. Elaboración de obxectos de vidro”, que se celebrará tamén hasta o 13, no mesmo horario co anterior.
Ademais, continúan outros catro:
- Fabricación de pulseiras: as fins de semana deste mes, de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas
- Técnicas de cerámica “Raku Occidental”: hasta o 27 de maio, de 16:00 a 21:00 horas
- Fotografía dixital e iluminación: hasta o 13, de 18:00 a 22:00 horas
- Restauración de mobles: hasta o 30 de maio, entre as 16:00 e as 20:00
- Pedra e Ornamentación: hasta o 30 de maio, de 16:00 a 21:00 horas.

Programa de becas

Por outra banda, estanse ultimando os trámites para que os 4 beneficiarios do primeiro Programa de Bolsas de Estudos para o Desenvolvemento da Artesanía e o Deseño da provincia, convocadas polo CENTRAD, poidan empecen a traballar. De feito, un deles, que desenvolverá tarefas de catalogación e investigación da artesanía, xa comezou e os outros tres farano entre esta semana e a que vén.

As bolsas están dotadas con 12.000 euros cada unha e teñen unha duración dun ano. A iniciativa, cuxo orzamento total ascende a 60.000 euros, busca dar apoio para conservar e potenciar o deseño e a artesanía, un sector económico moitas veces esquecido polas administracións e cun potencial importante para a xeración de emprego e riqueza en Lugo. As axudas están destinadas á investigación e catalogación da artesanía da provincia; investigación tecnolóxicas para a mellora de métodos de traballo nun obradoiro, dende a creación do produto ata a súa venda; e formación de perfeccionamento non regrada e de carácter práctico e deseño de produtos ou complementos de moda con obradoiros artesáns.





Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova