Cargando....
Concello de Lugo
20/10/19
NOVAS
Escoita esta páxina

O Delegado do Goberno realiza a súa primeira visita institucional ó Concello de Lugo


# Mércores, 11/05/2011
O Alcalde destacou os investimentos feitos polo Goberno en Lugo e sinalou a chegada do AVE como o principal reto para a cidade

Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
  • Imaxe Asociada
O Delegado do Goberno fai un chamamento á Xunta para que asuma as competencias que lle corresponden e dixo que o Goberno de Rodríguez Zapatero leva investidos en sete anos 12.000 millóns en Galicia fronte ós 5.000 dos oito anos de Aznar


O Alcalde, José López Orozco, recibiu hoxe ó novo Delegado do Goberno en Galicia, Miguel Cortizo, na súa primeira visita oficial ó Concello de Lugo. O Alcalde recibiu ó Delegado do Goberno no seu despacho, acto no que tamén participaron outros membros da Corporación e máis o Subdelegado do Goberno en Lugo, José Vázquez Portomeñe.

O Alcalde deulle a benvida a Miguel Cortizo á nosa cidade e salientou o afán de colaboración do Concello con todas as administracións. “No Concello de Lugo ningunha administración atopará un adversario”, dixo López Orozco que tamén salientou as obras que está levando a cabo o Goberno na nosa cidade. Entre outras, o Alcalde sinalou os investimentos feitos polo Goberno nas novas estacións Depuradora e Potabilizadora, a nova Ponte e a pasarela peonil sobre o Miño, así como os dous convenios de travesías e a construción dunha nova escola infantil con fondos do Plan E, que manterá en solitario o Concello aínda que non ten competencias nesta materia.

López Orozco salientou tamén os investimentos que se están a executar en materia de infraestruturas como a construción da autovía a Santiago e dixo que agora o principal reto para a cidade é a chegada do AVE. Ó respecto, o Alcalde indicou que se está traballando nos 15 km do tramo do desdoblamento na Pobra de San Xiao e xa se resolveu o concurso de ideas para a nova Estación intermodal de Lugo. De feito, o Delegado do Goberno tivo ocasión de ver a maqueta da Estación intermodal que está exposta na planta baixa da Casa do Concello.


Pola súa parte, o Delegado do Goberno declarou que no encontro co Alcalde analizaron a evolución dos importantes investimentos que leva a cabo en Lugo o Goberno de España, principalmente en materia de infraestruturas como as financiadas polo Ministerio de Fomento.

Miguel Cortizo destacou que estas actuacións “van supor un salto cualitativo, se cabe máis necesario nestes momentos de dificultades derivadas da crise económica”. Asimesmo, o representante do Estado en Galicia fixo un chamamento a outras administracións, en especial á Xunta, para que asuma as competencias que lle corresponden e, en función de iso, adopte decisións e iniciativas que contribúan tamén a revitalizar ese proceso de modernización da cidade de Lugo, e da comunidade autónoma no seu conxunto.

Cortizo salientou que o Goberno de Rodríguez Zapatero está firmemente comprometido con ese desenvolvemento de Lugo e Galicia, tal e como demostran os investimentos aprobados nos últimos sete Presupostos Xerais do Estado que acadaron a cifra de 12.224 millóns de euros en Galicia, fronte ós pouco máis de 5.000 millóns de euros que se investiron na nosa Comunidade nos oito exercicios presupostarios do Goberno presidido por José María Aznar. 
 




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova